AMPLIACIÓN DO PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Restablecer el plazo para la presentación de las solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos, por el tiempo que restaba cuando se declaró el estado de alarma, de manera que se iniciará el día 11 de mayo de 2020 y finalizará el día 18 del mismo mes.

POEMAS 6º DE PRIMARIA

 
What do you want to do ?

New mail

Axudas de comedor

 

Benqueridas familias  sairon no DOG axudas para os beneficiarios de comedor escolar gratuítos e os que pagan 1 euro. As axudas serán telematicamente e si tedes dúbidas contactade co centro no ceip.manuel.bermudez@edu.xunta.es

Enviamos o enlace 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf

Graciñas

 

Descarga de Abalar móbil

Queridas familias, 

Dado a situación extraordinaria que estamos a vivir, e posto que temos que facer a segunda avaliación durante estes días de confinamento, é necesario que descarguedes nun teléfono familiar a aplicación “abalarMóbil”, de cara á recepción de notificacións do centro e do boletín de notas dos vosos fillos e fillas, que poderedes consultar desde o día 2 de abril ás 14:00.

 Axudémonos entre todos!!!! E para calquera dúbida poñédevos en contacto con nós a través do correo do centro:ceip.manuel.bermudez@edu.xunta.esou a través dos distintos titores dos vosos fillos.

Moito ánimo!!!!!  TODO VAI SAÍR BEN!!

 

 

 

 

Manual de instalación:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-castellano.pdf

Información xeral sobre a aplicación https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

 

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2019/20!!!

Convidámosvos a unha reunión Xeral o vindeiro 7 de outubro de 2019, ás 16:15  coa seguinte orde do día:

Reunión Xeral no Salón de Actos

Reunión nas Titorías.

Esperamos a vosa asistencia.

FONDO LIBROS

No DOG do 21 de maio de 2018 publicase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado ao alumnado matriculado en educación Primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en cenros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

 

En convocatorias anteriores a solicitude podíase presentar presencialamente no centro ou en calquera rexistro oficialmente establecido.

 

Na convocatoria actual poderase,ademais, realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así un número de solicitude, e, posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

 

Presentación no centro. Neste caso imprimirán a solicitude e o anexoII e presentarannos no centro(debidamente asinados), xunto coa documentación(A solicitude xa terá un número asinado pola aplicación e poderá recuperala)

 

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

Localización e horario

O CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso é un centro de Educación Infantil e Primaria que se localiza na zona oriental da provincia de Ourense, concretamente na Pobra de Trives e preto da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda. En concreto a súa dirección postal é Avenida Castelao, s/nº, CP: 32780, A Pobra de Trives (Ourense).


Ver mapa más grande

O horario lectivo do centro en setembro e xuño é de 9:15 (entrada) a 14:00 (saída). Nos meses restantes a xornada é de 9:45 (entrada) a 16:00 (saída). 

Distribuir contido