1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2022-2023

25 de novembro

Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres durante a semana previa ao 25 de novembro realizamos diferentes actividades a nivel de aula (elaboración de carteis, lecturas, elaboración de pulseiras, actividades de conciación, elaboración de trípticos e lapbooks...)

Ademáis, o día 25 de novembro realizamos o minuto de silencio convocado polo Observatorio Galego da Violencia de Xénero, seguido dun breve acto a nivel de centro coordinado polo equipo da biblioteca.

Vídeo do noso Magosto

Estimadas familias, compartimos un vídeo resumo do noso Magosto:

 

Magosto

Estimadas familias, compartimos un breve resumo do noso Magosto. Este ano voltamos a degustar uns deliciosos bolos preñados e castañas.

Despois, aproveitamos para movernos un pouquiño xogando a xogos tradicionais e realizamos un obradoiro de tatuaxes. Pasámolo xenial!

Samaín

Este ano o Samaín no cole foi moi especial, disfraces aterradores, visionado de curtametraxes no noso recén remodelado salón de actos, sustos, obradoiros de comida monstruosa e moitas máis sorpresas...

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer