1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Actividades Curso 2014-2015

FESTA FIN DE CURSO

 

 

 

 

 

 

 

 REMATE DO CURSO 2014-15

 

¡¡¡    SUPRESIÓN  !!!

 

OS PEORES PRESAXIOS FORON CONFIRMADOS. O VINDEIRO ANO TEREMOS UNHA UNIDADE MENOS EN PRIMARIA.

As autoridades competentes decidiron suprimirlle unha unidade a este Centro, sen ter en conta a diversidade de alumnado que temos. Só atenden ao nº matemático. Se os veciños do barrio non deciden apostar por o Centro , en poucos anos veremosnos avocados a desaparecer tal e como aconteceu co Instituto. 

Matriculemos aos nosos fillos no Colexio do barrio.

 

 

 

ESTACIÓN DE MANZANEDA

 O día 19 de Maio, os alumnos de 6º, acompañados por o profe de Inglés, D. José Luis  e máis a profe Caroline, auxiliar de conversa , disfrutaron de diversas actividades na estación de Manzaneda, organidas por " La Región"

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 15 de Maio tivemos  unha pequena celebración no Salón de Actos co gallo das Letras Galegas, lembrando especialmente a Xosé Filgueira Valverde. Tivemos que facelo de viva voz, pois o sistema de son non quixo funcionar.

 

TEATRO

O día 12 de Maio os alumnos de 6º escenificarán unha obra de Teatro no Salón de Actos do noso Centro co gallo da semana das Letras Galegas. Será ás 4,45 da tarde

DÍA DO LIBRO

Durante toda a semana do 20 ao 24 de Abril levamos a cabo diferentes actividades relacionadas co día do libro. O 24 puxémoslle a guinda cun remate dirixido a atopar un tesouro(libro) por medio dunhas competicións que nos fallaron un pouco . Foi interesante, diferente , competitivo, reconfortante e motivador para o vindeiro ano. Os compoñentes do Equipo da Biblioteca traballaron ben. Noraboa.!!

 

COIDA O TEU CORAZÓN

Os alumnos de Educación Infantil colaboran coa Fundación SHE, participando no Programa de Saúde Integral

 

 

!! ÚLTIMO TRAMO !!

Rematadas as vacacións de Semana Santa entramos no derradeiro tramo deste curso. Collámolo con forza para rematar ben cheos de coñecementos adquiridos.

Relación de Alumnos admitidos no noso Centro para o curso 2015

 MATRÍCULA PARA 2015-16

DENDE ESTA PÁXINA ANIMAMOS A TODOS OS VECIÑOS DO NOSO BARRRIO E ARREDORES QUE MATRICULEN AOS SEUS FILLOS  NESTE CENTRO  PARA EVITAR QUE O REDUCIDO NÚMERO DE ALUMNOS IMPIDA QUE NOS SUPRIMAN UNIDADES OU  SE POIDA CHEGAR A PECHAR O COLEXIO NUN FUTURO PRÓXIMO.


(Nos seguintes enlaces poden encontrar información referente ao proceso da Matrícula):

Nota informativa

 Relación de Postos-Vacantes Dispoñibles

Área de influencia
( Non estaría mal que lle votaran unha ollada ao artigo de "Benvidos ao noso Cole", para ver o que lles ofrece este Centro. Ao mellor quedan sorprendidos)

 

__________________________________________________________________________

Antroido 2015

O día 13 de Febreiro celebramos o Antriodo no noso Centro. Comenzamos cun desfile de disfraces con material de refugallo que xa vai pola súa 3ª Edición. Logo comemos chocolate e bica. Houbo un campionato de futbol sala. Xogaron a final os alumnos de 5º contra os mestres(as), que resultaron vencedores por un apretado resultado, e rematamos coa queima do meco. Pasámolo moi ben.

 

DIA DA PAZ

O 30 de Xaneiro celebramos no noso cole o Día da Paz. O motivo central deste ano foron as mulleres que obtiveron Premios Internacionais relacionados coa Paz.

_______________________________________

ENCONTROS CO AUTOR

O día 30 de Xaneiro asistimos , xunto con outros centros , a ter un encontro con Ledicia Costas , autora do libro " Escarlatina, a cociñeira defunta" ; libro que lemos na  casa e na aula. Comentamos  con ela aspectos deste libro e asinóunolo individualmente para que nos quede como recordo.

______________________________________________________________

EDUCACIÓN VIARIA

O día 13 de Xaneiro os alumnos de 5º e 6º de E.P. do noso Centro acudimos a actividade "Educación Viaria" organizada por o Concello e celebrada no entorno do Paco Paz. Os alumnos recibiron ensinanazas teóricas e prácticas de circulación, en bicis e cars. Resultou moi interesante e pasámolo ben.

____________________________________________________________

FESTIVAL DE NADAL

Os días 18 e 19 de Decembro celebramos un pequeno Festival de Nadal no noso Cole. O día 18 fixémolo a nivel interno e o día 19 para os pais. Nos seguintes enlaces podedes  visionar as actuacións: 

1ª parte

2ª parte

 

Dende a aula de Lingua Portuguesa tamén nos deixaron un traballo relacionado con estas datas chamado Natal todo o día

_______________________________________________

 

O EQUIPO DE PROFESORES(AS) DO C.E.I.P.MANUEL LUIS ACUÑA DESÉXALLES UNHAS FELICES FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DESTE CENTRO.

FACEMOS EXTENSIBLE ESTA FELICITACIÓN A TODOS OS LECTORES DESTA PÁXINA. QUE O 2015 NOS TRAIA SAÚDE E PAZ ; POIS A CRISE PARECE QUE NON VAI REMATAR. OS BROTES VERDES VANSE CONXELAR.

_______________________________________________________________

 

 

OS ALUMNOS DE 6º PODERÁN VER OS RESUMOS DE COÑECEMENTO E CIDADANÍA NO APARTADO

ALUMNADOTABOLEIRO

______________________________________

O día 30 de Outubro celebramos as festas de Halloween e Samaín.

¡¡¡Cantas monstruosidades!!!

______________________________________________

MAGOSTO 2014

O día 10 de Novembro celebramos o Magosto no noso Cole. Fixemos unha fogata, comemos castañas, bolos preñados e outros doces. Cantamos, bailamos e pintamos as caras. ¡¡¡Pasámolo en grande!!!

 

________________________________________________________________

 

NENOS CON CHALECO

 

 

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------

CURSO 2013-2014

 

NOS SEGUINTES ENLACES PODEDES VISIONAR ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NO NOSO CENTRO AO LONGO DESTE CURSO: 

LIBRO DE INFANTIL

CANTAR AS XANEIRAS

NADAL 2013

MAGOSTO 2013

HALLOWEEN-SAMAÍN 2013

 

 

 

 Neste enlace podedes contactar co noso Blogue 

 

 

 

    

 



 

 

 

 

 

     

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
libro letrasdigital.pdf3.07 MB
volta ao cole.pdf38.72 KB
volta ao cole.pdf38.72 KB
encontros co autor 2015.swf885.32 KB
nenos con chaleco.pdf44.02 KB
NOTA INFORMATIVA.pdf299.86 KB
Area influencia.pdf75.79 KB
RELACIÓN DE POSTOS DISPOÑIBLES (26 de febreiro).pdf289.84 KB
RELACIÓN ALUMNOS ADMITIDOS 2015.pdf289.49 KB
teatro2.swf3.2 MB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer