Xogos populares no IES de CHAPELA 6º EP (07/04)

Mañán venres 7 de abril o alumnado de 6º de E.P. ten unha cita no IES de Chapela. Ao longo da mañá participarán nunha xornada de convivencia, contemplada dentro do plan de convivencia do centro,  con alumnado deste centro de secundaria e con outros rapaces e rapazas de 6º de primaria do CEIP de Igrexa-Chapela e do CEIP Alexandre Bóveda. Coa finalidade de que coñezan as instalación que o próximo curso os acollerá así como a futuros compañeiros e profesores, pasarán unha divertida mañá na que os xogos populares e tradicionais que serán os outros protagonistas.