CONVIVENCIA

Dentro do Plan de Convivencia do Centro, recóllense entre outros aspectos, a resolución pacífica dos conflitos da comunidade educativa a través de, entre outros, a MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS. Tomando como marco legal a LEI 4/2011 de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e o DECRETO 8/2015 de 8 de xaneiro que a desenvolve , artéllase o “Programa de Mediación entre Iguais”, co que pretendemos que os alumnos desenvolvan habilidades sociais , estratexias de resolución de conflitos, ... Este programa comeza cada curso escolar dende o mes de outubro  cun periodo de formación (alumnado de 5º+6º) dunha semana por parte do Dpto. de Orientación.

A “Mediación entre Iguais”, defínese cómo un proceso de resolución de conflitos entre dúas partes (dous alumnos/as ou máis), na que unha terceira parte neutral (o mediador/a), axuda a que as partes en conflito atopen unha solución. É un proceso voluntario e confidencial. O alumnado mediador non propón solucións, senón que axuda aos alumnos/as en conflito a chegar por sí mesmos/as a un acordo satisfactorio.

 

 

 RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL MIL GRÚAS POLA PAZ DE CHAPELA A XAPÓN

A nosa viaxe pola paz chegou a Hirsohima e favoreceu que o noso alcalde estivera dentro do rexistro mundial de alcaldes pola paz.

Ver proxecto

GUÍAS PSICOPEDAGÓXICAS PARA AS FAMILIAS

Guías seleccionadas polo Dpto. de Orientación de todo tipo para asesoramento das familias en problemáticas comúns do desenvolemento do rapaz de 3-12 anos

Ver guias: http://orientacion.ceipdelaredo.com

 

CÁPSULA DO TEMPO

Unha cápsula do tempo que viaxará dende o 2017 ata 2030 a cal se abrirá o 20 de Novembro coincidido co Día internacional da Infancia.

Que cousas nos gustan do mundo? Como imaxinas o cole do futuro? Cómo serás de maior? Que che gustaría enviar ao futuro? Que mellorariamos? Que mundo queremos para os nenos e nenas do 2030? Que imos facer para conseguilo?

Comezo Xuño 2017

Ver proxecto: http://capsuladotempo.ceipdelaredo.com

RECOMENDACIONES SOBRE EL USO DE LAS REDES SOCIALES

¿Cómo reacciono si mi hijo recibe un correo insultante o amenazante? En la sección "Riesgos y amenazas en Internet" del Módulo "Internet. La revolución del S. XXI" se explica cómo actuar ante algunos de los principales peligros que pueden hallarse en la red. En la sección "Pautas de actuación para padres" del Módulo "Qué pueden hacer las familias" encontramos las webs y los teléfonos de las Fuerzas de Seguridad del Estado.

YO SOY EL OTRO

Secuencia didáctica para el reconocimiento de situaciones de discriminación. Los cinco objetos que la componen simulan casos en los que se fomenta que el alumnado participa en proyectos de integración

DOCUMENTACIÓN RELACIONADA COA CONVIVENCIA NO CENTRO