Visita IES Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) - 5º+6º (01/02)

O vindeiro mércores 1 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitará o IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa para levar a cabo actividades contempladas dentro do Programa “Atrévete” no que vimos participando ao longo do curso. Os nenos e nenas participarán nun faladoiro sobre emprendemento e farán unha vista guiada polos distintos laboratorios e obradoiros do centro (robótica, electrónica, deseño, actividades físicas...) nos que poderán observar de primeira man o traballo dos estudantes e interactuar cos mesmos así como ter a posibilidade de falar con xoves empresarios vencellados cos mencionados sectores.

Máis info: