blogue deSecretaria

Saída Alcampo 1º Primaria: compra resposable e saudable (28/01)

O vindeiro mércores, 28 de xaneiro, temos programada unha saída didáctica ó hipermercado de Alcampo (Vigo).

Visitaremos as súas instalacións, observaremos o traballo dos distintos profesionais e remataremos degustando unha pequena merenda.

Presentación 6º sensibilización a discapacidade.

Como xa sabedes, no noso colexio estamos traballando ao longo destas semanas a sensibilización cara á diversidade funcional.

Saída Concerto Didáctico 3º e 4º: "Na percura do tesouro" (28/01)

O vindeiro mércores, 28 de xaneiro, temos programada unha saída didáctica ó Teatro de García Barbón de Vigo para asistir ó concerto didáctico: “Na percura do tesouro”.

Os Gaiteiros da Xistra presentan o seu último espectáculo musical para escolares:

ANPA: Obradoiro de comida saudable (23/01 ás 17h)

O ANPA do CEIP de LAREDO, organiza un obradoiro de comida saudable este venres 23 de Xaneiro ás 17h no comedor do centro.

En devandito obradoiro falarase da: 

  • Comida Sá
  • Sen grasa
  • Baixa en sal
  • Adaptada a idades escolares

Estades todos/as convidados/as este venres.

Clasificados para o campeonato ECOVOZ !!!

Estamos de parabéns, o noso centro educativo foi un dos clasificados para participar no campeonato escolar radiofónico de “Ecovoz”.

Semanas de sensibilización á discapacidade

Saída Lonxa: 2º, 3º e 4º (20/02/2015)

O vindeiro martes 20 de xaneiro temos prevista unha saída ó Museo do Mar e á Lonxa de Vigo, enmar-cada dentro dos plans do centro relacionados coa saúde: “Aliméntate ben“ na que está a participar o alumnado do noso centro educativo no presente curso académico: 

ANPA: Nova prensa patio cuberto

Obras de Mellora no Centro: 1ª Fase Fontanería

Co obxecto de ir mellorando as instalacións do centro, durante a semana do 12-16 de Xaneiro de 2015, realizaranse unhas novas canalizacións de auga dende a acometida na parte dianteira do centro.

Sentímos as molestias que poida ocasionar.

 

Visita dos técnicos de SOGAMA (Reciclaxe nas aulas)

Hoxe no centro visitáronnos educadores mediambientais da planta de reciclaxe de SOGAMA (Educ. Primaria 3º,4º,5º e 6º).

Mediante presentacións e xogos ensináronnos a importancia da recolleita selectiva do lixo para despois poder reciclar os distintos materiais. Remataron a súa visita ó centro cun pequeño agasallo do mais limpo: un pequeño recolector amarelo que nos servirá de lapiceiro!!!

Así que xa sabedes, animárvos a reciclar. A nosa contorna o agradecerá!

Distribuir contido