blogue deSecretaria

Recordatorio Reunión PROA 16h 02/02

Alta do alumnado de 3º na intranet do centro

Día da Paz

Hoxe celebrouse no centro o día da paz co visionado dunha serie de curtametraxes referidos a tolerancia, afecto, empatía, diversidade...o equipo de educ. infantil agasallounos cun traballo sorpresa colaborativo. Amosámosvos a súa gran pequena obra de sensibilización en contra as guerras. 

 

ANPA: Menú Febreiro

Participa en Xadrez na Escola: Extraescolar Gratuíta!

O Concello de Redondela xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a ECU (European Chess Union) participa nun programa de introdución do xadrez nos centros educativos co mo-tivo de potenciar as competencias claves do alumnado.

Entroido 2015. Infantil

Co motivo do Entroido 2015 e dentro do proxecto anual da interculturalidade achéganse as instruccións sobre o mesmo na etapa infantil. 

Instruccións Aula 3 anos - Autralia

Australia day: Julia Clare Thanks!!!

Hoxe coñecemos AUSTRALIA (Infantil e Primaria) da man dunha nai do centro: Julia Clare Waldron. 

Usos, costumes, etnografía, música, cultura...e idioma...o INGLÉS. 

Un obradoiro enmarcado dentro do proxecto de centro relacionado coa INTERCULTURALIDADE. 

Grazas JULIA!!! 

Entroido 2015 Primaria

Coa chegada do Entroido queremos pedir a colaboración das familias para a elaboración dos disfraces. Xa que este ano o tema é a INTERCULTURALIDADE, e cada curso ten o seu país asignado, pedímosvos que en familia vaiades preparando un disfraz que represente dalgunha maneira ao país correspondente.

Saída Alcampo 1º Primaria: compra resposable e saudable (28/01)

O vindeiro mércores, 28 de xaneiro, temos programada unha saída didáctica ó hipermercado de Alcampo (Vigo).

Visitaremos as súas instalacións, observaremos o traballo dos distintos profesionais e remataremos degustando unha pequena merenda.

Presentación 6º sensibilización a discapacidade.

Como xa sabedes, no noso colexio estamos traballando ao longo destas semanas a sensibilización cara á diversidade funcional.

Distribuir contido