|
Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00 |
|
Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00 |
Mañán o alumnado de educación infantil ten unha cita no Teatro García Barbón de Vigo para asistir ao concerto didáctico "15 primaveras con "Mamá Cabra". Ao longo dunha hora Mamá Cabra fará un percorrido pola historia do grupo musical e das súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de "concerto-teatro" que fará aos nosos cativos encherse de ritmo e ilusión.
O vindeiro venres 15 de abril o alumnado de 6º de E.P. ten unha cita no IES de Chapela.
Ao longo da mañá participarán nunha xornada de convivencia con alumnado deste centro de secundaria e con outros rapaces e rapazas de 6º de primaria do CEIP de Igrexa-Chapela e do CEIP Alexandre Bóveda.
Dende a Biblioteca do centro e o Dpto. de Orientación recomendamos:
O vindeiro venres 8 de abril o alumnado de 5º e 6º de E.P. asistirán ao Teatro García Barbón de Vigo para asistir ao concerto didáctico: “Estamos no verán”.
Da man de Son + D2 imos descubrir a historia duns amigos que, no verán, queren formar un grupo de música.