Decoramos o centro para o Nadal...Colaboras?

 

Estimadas familias; coa chegada do Nadal queremos propoñervos que nos axudedes a decorar o colexio e a árbore de Nadal con elementos feitos artesanalmente, como ven sendo tradición nestas datas. Este ano queremos decorar con ESTRELAS, como é propio dentro do noso proxecto sobre o universo. Non enviamos unha plantilla, pois se trata de que cada familia faga a súa estrela co tamaño, forma e materiais que queira ; cartolina, cartón, gomaeva, plástico, purpurinas, lazos, papeis especiais, pinturas,…. Recolleremos as estrelas entre os días 4 e 11 de decembro para engadilas á decoración do centro.

E non vos esquezades de poñerlle un cordel para poder colgalas da árbore e o voso nome!

Moitas grazas pola vosa colaboración!