Blogues

Contacontos en Lingua de Signos. Biblioteca de Chapela. Infantil (23/05)

Informámosvos dunha actividade que terá lugar na biblioteca de Chapela a vindeira semana:

Contacontos en Lingua de Signos,na Biblioteca de Chapela: O vindeiro mércores 23 de maio, ás 19:00 h., e a cargo de XOGA, a Organización de Xordos de Galicia teremos un contacontos para o noso público máis miúdo.

Avaliación Individualizada 3º Primaria (23-24/05)

Os vindeiros 23/24 de Maio realizaremos no centro as probas de avaliación diagnóstica no alumnado de 3º de EP (Probas que avalian o rendemento do alumnado nas competencias lingüísticas e matemáticas dunha maneira estándar a nivel estatal/autonómico). 

Participa no noso estudio sobre Educación Vial GEOMOVE!!!

Dende o 2015 o centro participa coa Universidade da Coruña nun Estudio Dinámico de mobilidade escolar mediante tecnoloxías de xeolocalización, GEOMOVE de CARTOLAB.

Maratón 2018 Letras Galegas

Achegamos Galería fotográfica feita polo ANPA co gallo da Maratón das Letras Galegas. 

P.D.: Ao longo da semana neste mesmo enlace iránse engadindo máis fotografías.

Recordatorio Venres 18/05 // Maratón Escolar Leras Galegas + Premiere LaredoNunDia

Lembramos ás familias que este Xoves 17 é festivo, Letras Galegas, e que o vindeiro Venres 18 temos: 

 

Un saúdo.

 

Venta Flash Estrelas Solidarias...Unidades limitadas!!!

Mañá Mércores 16 de Maio o centro abrirá ás 13:40 e venderemos unha edición moi limitada das nosas estrelas solidarias...só 50 unidades...vaste quedar sen estrela?

Que son as Estrelas Solidarias? Ver info en: http://estrelassolidarias.ceipdelaredo.com

Listado Definitivo Alumnado Admitido curso 2018-2019

Achegamos a relación definitiva de alumnado admitido para o curso 2018-2019

Toda a info dos procesos de: adaptación reunións e formalización de matrícula en: http://matricula.ceipdelaredo.com

Distribuir contido