Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

XXII Maratón Letras Galegas - Organizado polo IES Chapela (18/05)

O vindeiro Venres 18 de Maio celebraremos o tradicional XXII Maratón Letras Galegas organizado polo IES de Chapela. 

  • O ANPA do noso centro, nos espazos cedidos polo IES para tal efecto, dará as merendas+ auga ao alumnado.
  • Alumnado de Educ. Primaria: Subirá e baixará andando ao IES
  • Alumnado de Educ. Infantil: Subirá e baixará en bus.

Carreira 1 Saída: 10:30 Participantes: Infantil

  • Saída desde o comezo da Estrada ó Torreiro ata chegar á igrexa , rematando aquí.
  • 3 anos: 10:30
  • 4 anos: 10:35
  • 5 anos: 10:40

Carreira 2 Saída: 10:50 Participantes: 1º e 2º Primaria

  • Saída desde o comezo da Estrada ó Torreiro e ó chegar á igrexa damos a volta e regresamos ó instituto.

Carreira 3 Saída: 11:10 Participantes: 3º e 4º Primaria

  • Saída desde o comezo da Estrada ó Torreiro ata chegar ó final da recta (onde estaba o bar Dorna) e aí damos a volta e a continuación nos diriximos ó Camiño do Piñeiral ata chegar ó Multiusos onde damos a volta e regresamos ó instituto.

Carreira 4 Saída: 11:30 Participantes: 5º e 6º Primaria

  • Saída desde o comezo da Estrada ó Torreiro ata chegar ó final da recta (bar Dorna) onde damos a volta e a continuación nos diriximos ó Camiño do Piñeiral ata chegar ó Multiusos onde damos a volta e volvemos dirixirnos ca o final da Estrada ó Torreiro (bar Dorna). Damos de novo a volta repetimos o percorrido ata ó Multiusos. Unha vez alí, regresamos ó instituto.

Achegamos a información de horarios e percorridos.

 

AdxuntoTamaño
MAPA MARATON CEIPS 160001.pdf487.84 KB
Percorridos.doc27.5 KB
logo camiseta 2018.png476.38 KB