Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Premiere "Laredo nun Día" (Só Participantes) 18/05 17:30h Multiusos Piñeiral

A nosa primeira longametraxe familiar está lista: emoción, risas, choros, música, familia, viaxes,bailes, cociña... !!!

Un día da nosa comunidade educativa en 60 minutos!

Mañá Venres 11,  sairán as invitacións só para o alumnado e familias que participaron no noso proxecto colaborativo vencellado ás emocións "Laredo Nun Día"

Celebraremos a Premiere da película con toda a pompa e circunstancia que se merece: 

Lugar: Piñeiral do Crego

Data: Venres 18/05 17:30h

  • 17:30h-18:00h Photocall de alumnado e familias participantes.
  • 18:00h-19:00h Visionado da Película "Laredo Nun Día " +-70 minutos.
  • 19:00-19:45h Ágape convivencia e entrevistas aos participantes.

Observacións

* É imprescindible ir de"etiqueta" para o alumnado e familia e levar posto un sorriso!!!

* É preciso confirmar a asistencia antes do martes 15 de Maio á titora correspondente mediante a circular enviada en caso contrario desestimarase a asistencia.

* Por motivos de aforo só accederan ao visionado o alumnado/familia participantes: Enviaranse 3 entradas (alumno/a+ 2 familiares) (no caso de irmáns só unha entrada).

* É posible por motivos varios: metraxe, técnicos, son, calidade, compresión...  que o clip enviado non este nesta proxección, desculpas anticipadas! haberá 3 formatos de edición que poderán ser visionados posteriormente nas redes: 

  • Curtametraxe (-30 minutos) selección de clips diversos cun tempo reducido para diferentes convocatorias de curtas.
  • Longametraxe (60-70 minutos) selección de clips diversos con metraxe reducido.
  • Maratón (+150 minutos) totalidade de clips en bruto con metraxes orixinais.

Un afectuoso saúdo. 

Edwin Veras (ANPA)