Blogues

ANPA: Menú Abril

Martín de la Puente, un olímpico que nos visitará este Luns. 3º+4º+5º+6º (03/04)

A vida de Martín é toda unha historia de superación.

"Esmeraldina, a pequena defunta" e Ledicia Costas visitan o noso centro!!! 5+6EP (03/04)

O vindeiro luns, 3 de abril, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria conta un curso máis coa visita da escritora Ledicia Costas. Ao longo da mañá falaranos da súa recente obra “Esmeraldina, a pequena defunta” que o noso alumnado leu e traballou no itinerario lector deste curso.

Concilia a semana santa coa " Campamento COCA SIMONA 2017"

Dende o departamento de Igualdade do Concello de Redondela, achegámovos información e ficha de inscripción para participar no programa municipal de conciliación Semana Santa con Simona, por se resultase do voso interese. 

Adxuntamos folla de inscripción e normativa.

 

 

Obra de Teatro "A Galiña Azul" 31/03 18h (Entrada de Balde)

O vindeiro venres 31 de marzo no Auditorio do Multiusos da Xunqueira, terá lugar a función teatral da obra A Galiña Azul, de Carlos Casares, a cargo do grupo Ubú teatro. O acto terá lugar ás 18:00 horas e a entrada é de balde.

Entrega de Premios Periodicos Faro Escola 5º+6º (29/03)

  

Como xa sabedes, Faro da Escola e un dos proxectos nos que vimos participando ao longo destes últimos cursos.

Esta iniciativa, implementada nas etapas educativas de educación infantil e primaria, ten como obxecto achegar ao alumnado as técnicas xornalísticas.

Distribuir contido