27-31/04 Abril, I Semana Froita : Degustación de Froitos Exóticos

 

Un curso máis iniciamos as xa tradicionais SEMANAS DA FROITA. Nesta ocasión imos a levar a cabo un Monográfico de Froitos Vermellos.
Así, o noso alumnado, ao longo da próxima semana, poderá degustar arándonos, framboesas, grosellas…á vez que coñecer a orixe das mesmas e as súas propiedades beneficiosas para a nosa saúde. Esta iniciativa enmárcase dentro das actuacións do centro sobre a potenciación da vida saudable. Unha dinámica mediante a que fomentar o consumo de froita no centro e que dende un ámbito educativo experimenten novas texturas, sabores e formas e prol da súa saúde e educación alimenticia.