Skip to Content

Educación Primaria, 1º Educación Primaria, 2º Educación Primaria, 3º Educación Primaria, 4º Educación Primaria, 5º Educación Primaria, 6º Educación Primaria

EcoPatrulla

ECOPATRULLA

Dende o curso pasado detectamos un problema no noso patio que debiamos solucionar. Ao rematar os recreos moitos envases, plásticos e papeis quedaban tirados no chan. Asique este curso decidimos poñerlle solución cunha campaña de concienciación activa.

Como o fixemos? Creamos a EcoPatrulla.

Que é a EcoPatrulla?

Un equipo de nenos e nenas de Primaria, identificado con chalecos e equipados con luvas e bolsas (destas as menos posibles para evitar contaminar), distribúense polo patio e van recollendo o lixo que van atopando e concienciando o resto de alumnado de manter limpo o noso entorno.

Os xoves que o tempo nolo permite, os nenos e nenas de cada grupo (cada xoves un grupo de Primaria) vístese para realizar esta labor tan importante.

Aquí un pequeno adianto da iniciativa.


A EcoPatrulla é o noso primeiro paso para contribuir a un planeta menos contaminado.

Dixemos que este equipo estará identificado con chalecos. E para facelos máis especiais e significativos quixemos poñerlles o noso propio logo, para o que convocamos un concurso entre o alumnado de Primaria. 

Foi moita a participación e a creatividade.

                        

Programación 3º de primaria curso 2023-24

Adaptandonos o Síndrome de Rett

Videovigilancia

Diario dunha emoción

Emocionajuego

Xogo das emocións elaborado por alumnos de 5º E.P. Instrucións: Evitar que te derriben o enfado e a tristeza e conseguir o maior nº posible de caritas da alegría para conseguir vidas e gañar o xogo.

 

Talleres de reciclado

Observando os cambios

Limpamos a contorna

Gritos en silencio

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Neste curso quixemos centrar a nosa atención na promoción de hábitos de alimentación saudables, entre outros obxectivos. Por iso comezamos a nosa labor cunhas charlas dunha nutricionista, coa que organizamos uns talleres deliciosos.

As xornadas foron dirixidas aos nen@s de primaria, adaptándoas aos diferentes niveis.

 

Cos máis pequeniñ@s (de 1º a 3º) fixemos un breve achegamento aos grupos de alimentos, pirámide de alimentación, inxestas recomendables ao día...

                    

... para rematar degustando un delicioso e saudable aperitivo a base de iogur/xelatina, froitas e froitos secos.

 

 

Cos maiores (de 4º a 6º) fíxose unha exposición máis completa, proxectando e falando dos conceptos esenciais da alimentación saudable e equilibrada.

Pero tivéronno un pouco máis difícil que o primeiro grupo, pois os nenos e nenas desta segunda xornada tiveron que demostrar os seus coñecementos cun rosco.

 

Unha vez superada a proba puideron desfrutar duns saborosos bocadillos.

 

Días despois, fomos comprobando como as xornadas calaran fondo neles e nelas. Estas foron as súas merendas...

 

FOI UN ÉXITO!

Diario dun formigueiro

O noso pequeno proxecto

Vivan las manos de colores

UNHA MOSTRA MÁIS DOS EXPERIMENTOS DE 3º

EXPERIMENTO DE 3º

OUTRO EXPERIMENTO MÁIS DE 3º

ANÍMATE E EXPERIMENTA CON NÓS, CON 3º

QUERES EXPERIMENTAR? ÚNETE A 3º

ALGUÉN DIXO EXPERIMENTO? 3º

UN EXPERIMENTO MÁIS DE 3º

MÁIS DOS EXPERIMENTOS DE 3º

EN 3º GÚSTANOS MOITO EXPERIMENTAR

MÁIS DE 3º E OS SEUS EXPERIMENTOS

3º CONTINÚA EXPERIMENTANDO

MÁIS EXPERIMENTOS EN 3º

EXPERIMENTOS DE 3º

O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA EXPERIMENTAMOS UN MONTÓN

Estudamos a BIODIVERSIDADE en 1º de Primaria.

As cores da pel

Os nenos e nenas de 2º de primaria traballamos a inclusión e a igualdade co conto As cores da pel de Coni La Grotteria. PICA NA IMAXE para ver o noso traballo!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut