Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/25

A continuación, aparece a información e documentación necesaria para formalizar a admisión de matrícula.

Relación libros de texto para o curso 2023-24.

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-24.

 

 

No DOG do 19 de maio de 2023, publicouse a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023-2024.

  • Alumnado de 1º e 2º de E. Primaria. Axuda para adquirir libros de texto e material escolar.
  • Alumnado de 3º e 4º de E. Primaria. Fondo solidario e axuda para material escolar.
  • Alumnado de 5º e 6º de E. Primaria. Axuda material escolar.

O prazo para a entrega de solicitudes será do 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023.

Os anexos I e anexo II poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática "fondolibros" ( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, ou ben presencialmente no centro docente.

Celebrando o 50 Aniversario do colexio e as Letras Galegas 2023.

Reserva de praza nun centro de adscrición para o alumnado que cambia de etapa (alumnado de 6º)

Inícianse os trámites do procedemento (código ED550A) para a reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta de admitidos, que se publicará antes do 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado o alumnado.

Enlaces para descargar:

FORMULARIO DE SOLICITUDE.

MANUAL-GUÍA PARA A SOLICITUDE DE RESERVA FAMILIAS.

 

APLICACIÓN INFORMÁTICA ADMISIÓN ALUMNADO.

Symbaloo con recursos.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19 ( XANEIRO- 2022)

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023.

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

·        O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

·        Normativa de aplicación

o   ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).

o   ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

o   ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

o   DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Informe SELFIE

ORDE DO 28 DE OUTUBRO DE 2021 (Máscaras)

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2021/2022

Admisión alumnado para o curso 2021/22

Volta ao COLE

Instrucións Orde 6 de novembro de 2020 (máscaras)

Como entrar na Aula Virtual do CEIP Juan Rey

FONDO LIBROS E VALES DE MATERIAL PARA O CURSO 2020/21.

EN HORARIO DE 10:30 A 13:30H.

Podedes consultar a listaxe de admitid@s para recibir o fondo solidario de libros de texto (3º,4º e 6º de Ed. Primaria).

Non se publicará na páxina web por protección de datos pero podedes consultalo telefónicamente ou ver a listaxe en secretaría.

Os libros aos que se teña dereito, serán repartidos entre o alumnado no mes de setembro.

Tamén se poden vir recoller os vales para a axuda do material escolar (de 1º a 6º de Ed. Primaria).

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA. Curso 2020/21.

Rematado o prazo de entrega de solicitudes para o proceso de admisión, informámoslles que o alumnado que solicitou praza para o curso 2020/21 están admitidos/as.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2020/2021

Axudas libros de texto 2020/21

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL:

Restablecemento do prazo de admisión do alumnado.

Restablecemento do prazo de admisión do alumnado

 
 

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE NOVAS MATRICULAS<

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

 

Recordamos que xa abriu o prazo de matrícula para o curso 2020/2021, o cal estará aberto dende o1 ata o 20 de marzo, ambolos dous inclusive.

Será necesario presentar na Secretaría do Centro a seguinte documentación:

- Solicitude de admisión segundo Anexo II que será facilitada na Secretaría do Centro ou pode descargarse da páxina web da Consellería de Educación ou nesta mesma entrada.

Distribuir contido


by Dr. Radut