O MAR E AS SÚAS FORMAS
https://i.ytimg.com/vi/_ps1YQEG8ug/0.jpg); background-position: center; background-repeat: no-repeat; height: 266px; width: 320px; " data-original-id="BLOGGER_object_0" />
O MAR E AS SÚAS FORMAS
Bos días Xoaniñ@s mariñeir@s!
Hoxe imos ver as formas, os tamaños e as cantidades no mar.
Todo nos serve para aprender.
Observade o voso entorno... todo está nel!
Pinta cada forma xeométrica do peixo da súa cor.
Continúa as series dos círculos.
Colorea os animais do mar. Risca o que non vive no mar.
Pega papeliños de cor azul no animal MÁIS GRANDE.
Di cantos peixiños hai. E cabaliños de mar? E polbos? E escribe os número 1, 2 e 3 por detrás.
Fai o trazo dos número grandes con rotulador (correspondéndoo coa cor da súa regreta). O número 1, ao ser branco, podes facelo en gris. O número 2, vermello. E o tres?
Colorea os animais mariños.
Repasa con lapis os números 1, 2 e 3.
É moito traballo. Facede o que poidades. Recordando sempre que absolutamente todas as actividades que vos deixo aquí son VOLUNTARIAS. Estamos nunha situación excepcional, onde o importante é estar tranquilos e aprender da cotidianidade; así como de disfrutar os momentos en familia.
Saíde a pasear, a xogar e a explorar!
Que sexades felices é o que importa!
Un bico por hoxe!
- 19 lecturas
- Versión para impresora
- Send by email
- Versión PDF