O NÚMERO 3 É VERDE CLARO
O NÚMERO 3 É VERDE CLARO
https://i.ytimg.com/vi/NGrFgQ4trxU/0.jpg); background-position: center; background-repeat: no-repeat; height: 266px; width: 320px; " data-original-id="BLOGGER_object_0" />
Bos días Xoaniñ@s!
Aquí está o número 3. Nin o 1, nin o 2. O número 3 coas súas dúas barrigas.
Cada un coa súa regleta... A branca é a do número ...? A vermella é a do número ...?
Mirade a do número 3 de cor verde.
Para comezar, déixovos un par de actividades, uns xogos, antes do traballiño de mesa. Un momentiño de lecer, un momentiño de aprendizaxe divertido.
Espero que o pasarais moi ben, pois é nestes pequenos ratiños de ocio onde se agochan as aprendizaxes máis significativas.
Comentar que no xogo dos números chega con poñer as casiñas do 1, 2 e 3.
Ben... agora si... chega a hora de sentarse relaxadiñ@s para facer as seguintes fichas.
FICHA 1: Imos seguir a direccionalidade do número 3 enchendo os puntiños da forma que queirades (boliñas de plastilina, pegatinas, pegadas con pintura de dedos, garabanzos...).
FACER FINCAPÉ NAS DÚAS BARRIGAS DO 3, POIS @S NEN@S SOEN TENDER A NON MARCALAS (É ALGO NORMAL, PERO IMOS INTENTAR CORREXILO DESDE O PRINCIPIO).
FICHA 2: Trazar o número 3 (primeiro con lapis e logo con rotulador verde claro). E contar e colorear as estrelas da cor que marca cada unha.
Aproveitamos para recordar os números 1 e 2, mentres traballamos o 3.
Hoxe foi un día moi completo, de moito traballiño de mesa. Son fichiñas moi sinxelas, pero, por favor, recordade non agobiarvos. O máis importante de todo esto é que cada nen@ sexa feliz e estea tranquil@, pois se a tarefa é estresante non terá os froitos desexados.
A parte dos xogos anteriores, colgo aquí unha baralla de números e cantidades para xogar se vos apetece.
FELIZ DÍA E FELIZ SEMANA!
- 28 lecturas
- Versión para impresora
- Send by email
- Versión PDF