Skip to Content

O MAR E AS SÚAS FORMAS

https://i.ytimg.com/vi/_ps1YQEG8ug/0.jpg); background-position: center; background-repeat: no-repeat; height: 266px; width: 320px; " data-original-id="BLOGGER_object_0" />

 

O MAR E AS SÚAS FORMAS

Bos días Xoaniñ@s mariñeir@s!

 

Hoxe imos ver as formas, os tamaños e as cantidades no mar.

Todo nos serve para aprender.

Observade o voso entorno... todo está nel!

 

 

Pinta cada forma xeométrica do peixo da súa cor.

Continúa as series dos círculos.

 

 

Colorea os animais do mar. Risca o que non vive no mar.

Pega papeliños de cor azul no animal MÁIS GRANDE.

Di cantos peixiños hai. E cabaliños de mar? E polbos? E escribe os número 1, 2 e 3 por detrás.

 

 

Fai o trazo dos número grandes con rotulador (correspondéndoo coa cor da súa regreta). O número 1, ao ser branco, podes facelo en gris. O número 2, vermello. E o tres?

Colorea os animais mariños.

Repasa con lapis os números 1, 2 e 3.

 

É moito traballo. Facede o que poidades. Recordando sempre que absolutamente todas as actividades que vos deixo aquí son VOLUNTARIAS. Estamos nunha situación excepcional, onde o importante é estar tranquilos e aprender da cotidianidade; así como de disfrutar os momentos en familia.

 

Saíde a pasear, a xogar e a explorar!

 

Que sexades felices é o que importa!

 

 

Un bico por hoxe!



page | by Dr. Radut