Skip to Content

A CASIÑA DO I

A CASIÑA DO I

 

https://i.ytimg.com/vi/O7EWbIc4N3c/0.jpg); background-position: center; background-repeat: no-repeat; height: 266px; width: 320px; " data-original-id="BLOGGER_object_0" />

 

Bos días Xoaniñ@s!!

 

Hoxe que imos falar do I, dunha vogal, dunha letra... encántame poñervos a canción anterior... en galego... sempre defendéndoo como símbolo da nosa cultura e identidade

Espero que vos guste tanto coma min!

 

Na sesión do venres, pedíavos que buscaseis o I nun xornal ou revista para decorar un I máis grande. Hoxe pídovos algo máis difícil, para o que preciso a axuda dun adulto. Hoxe, na casiña do I, tedes que pegar imaxes de cousas que comezan por esta vogal (anteriormente buscadas por mamá ou papá, xunto a outras que non empezan por ela, que serán as trampas).

 

TRAMPAS: SEMPRE LLELAS PRESENTO ASÍ. GÚSTALLES MOITO SABER QUE @S QUEREN ENGANAR E QUE SON MÁIS LIST@S E NON SE EQUIVOCARAN (e se se equivocan... NON PASA NADA... o erro é parte da aprendizaxe).

A maiores, déixovos un par de fichas moooooi sinxelas e rápidas de facer. Só tedes que trazar ben o I ("un pauíño con sombreiro e zapatos")

 

 

 

En ambas as dúas fichas, temos que repasar o I primeiro con lapis e despois con rotulador. (Aínda que se queredes facelo con outras técnicas como pintura de dedos, pegar boliñas de papel de seda, pegar outros elementos, facelas con pedriñas... podedes).

 

FICHA 1: Colorear a IGUANA e escribir o seu nome debaixo.

 

Para rematar... o seguinte é un xogo de posturas de ioga, ao que se pode xogar de dúas formas:

OPCIÓN 1: Extender as cartas pola mesiña e un dos participantes elixe unha (sen dicir cal é!!) e represéntaa para que @ outr@ a adiviñe. Neste caso, o número de cartas non debería ser elevado, con catro é suficiente.

 

OPCIÓN 2: Extender as cartas pola mesiña e un dos participantes elixe unha para que @ outr@ a imite.

 

TRÁTASE DE PASAR UN AGRADABLE E DIVERTIDO MOMENTO EN FAMILIA MENTRES MOVEMOS O CORPO E NOS RIMOS MOOOOITO!

 

 

 

Imprimímolas e recortámolas aos estilo baralla.

 

FELIZ MÉRCORES!



page | by Dr. Radut