Skip to Content

Axudas libros de texto 2020/21

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL:

Informamos que no DOG do martes 19 de maio de 2020, publícase: 

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 ( código de procedemento ED330B).

 

DESCARGAR ORDE COMPLETA

No noso centro, con carácter xeral: (ver a convocatoria para outras casuísticas máis específicas)

 

 

 

Obrigas das persoas beneficiarias:

 

·        Devolver os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2019/2020. (1º e 2º de Ed. Primaria queda excluído)

 

·        Conservar en bo estado os libros de texto  e o material reutilizable recibido no fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2020/21 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

 

·        Destinar o importe do vale para libros e adquirir os libros de texto que indique o centro.

 

·        Destinar o importe do vale para material, a adquirir o material escolar que necesite.

 

 Presentación de solicitudes:

1)     Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

 

2)     A SOLICITUDE SERÁ ÚNICA PARA TODOS OS FILLOS/AS QUE ESTEAN ADMITIDOS NO MESMO CENTRO PARA O CURSO 2020/21. Nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso.

 

3)     As solicitudes deberán presentarse PREFERENTEMENTE por vía electrónica no formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na aplicación informática “Fondolibros”( https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal)

 

Opcionalmente, poderanse facer de xeito presencial no centro.

 

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365  https://sede.xunta.gal/chave 365

Documentación:

Xunto co Anexo I e II adxuntar copia do  Libro de familia ou documento acreditativo da situación familiar a 31 de decembro do 2018. Para situación familiares específicas consultar o D.O.G.

PRAZOS:

SOLICITUDES DO 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO

            8 DE XULLO: listas provisionais fondo solidario 3º e 4º de E. Primaria

9 e 10 de xullo:  reclamacións:

15 de xullo: listas definitivas fondo solidario 3º e 4º de E. Primaria

13 ao 17 de xullo: Entrega de vales (con cita previa)+ Entrega de historiais académicos 6º

 

 



page | by Dr. Radut