Skip to Content

Agregador de novas

Páxina benvida

Últimos artigos - Mar, 04/09/2030 - 12:55

Avenida de Soutelo,13

27760 Vilanova de Lourenzá

Tfno.: 982 87 03 83

email: ceip.juan.rey@edu.xunta.gal

Categorías: Artigos

Páxina benvida

Últimos artigos - Mar, 04/09/2030 - 12:55

Avenida de Soutelo,13

27760 Vilanova de Lourenzá

Tfno.: 982 87 03 83

email: ceip.juan.rey@edu.xunta.gal

Categorías: Artigos

UNHA POCEIRA CHEA DE VIDA

Últimos artigos - Xov, 05/23/2024 - 12:50

Clicade na foto.

Categorías: Artigos

A RÁ TADEA

Últimos artigos - Xov, 05/23/2024 - 12:47

Premede na foto.

Categorías: Artigos

ANACOS DE LEMBRANZAS

Últimos artigos - Mér, 05/22/2024 - 10:07

       
Categorías: Artigos

BICHOS

Últimos artigos - Mar, 05/21/2024 - 19:10

Despois de facer varias saídas estudamos a fauna da nosa contorna.

Clicade na imaxe e veredes o noso traballo.

Categorías: Artigos

Pullseras emotivas

Últimos artigos - Mar, 05/21/2024 - 17:54

Fixemos o amigo invisible para regalarnos unhas pulseras moi emotivas, podedes ver traballamos.

 

Categorías: Artigos

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024-25.

Últimos artigos - Mar, 05/21/2024 - 14:08
 Xa está aberto o prazo para a solicitude na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

prazo de presentación de solicitudes é ata o 21 de xuño de 2024 (este incluido)

Podedes ver a orde que regula este procedemento picando AQUÍ.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou na aplicación fondolibros

Anexo I e II

Beneficiarios:

- No Fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e 4º de Ed. Primaria( (xa que no noso centro 5º e 6º teñen E-Dixgal)

- As axudas para a adquisición de libros de texto están destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Ed. Primaria e en Ed. Especial.

- As axudas para a adquisición de material escolar son para o alumnado matriculado en Ed. Primaria.

Documentación:

- Solicitude (Anexo I)

- Anexo II ( (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

- Dependendo de cada situación persoal poderase aportar máis documentación.

 

 

O prazo para a entrega de solicitudes será do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024.

 

Categorías: Artigos

As arañas.

Últimos artigos - Mar, 05/14/2024 - 12:59

Categorías: Artigos

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/25

Últimos artigos - Mér, 02/28/2024 - 10:07

A continuación, aparece a información e documentación necesaria para formalizar a admisión de matrícula.

Categorías: Artigos

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/25

Últimos artigos - Mér, 02/28/2024 - 10:07

A continuación, aparece a información e documentación necesaria para formalizar a admisión de matrícula.

Categorías: Artigos

Educación apraza as oposicións docentes para 2021 e blinda as prazas ofertadas

Novas educación - Mér, 04/22/2020 - 13:39

Esgotado o prazo para iniciar o proceso administrativo coa nova prórroga do Estado de Alarma e ante a falta de información sobre a desescalada por parte do Goberno central, a Consellería decide adiar ao vindeiro ano as probas previstas para este verán

Ante os anuncios do Goberno central de posibles recortes, Carmen Pomar anunciou que blindará as prazas ofertadas para os actuais aspirantes activando as inscricións en canto se levante a suspensión dos prazos administrativos

A conselleira subliñou que as aulas virtuais dos centros educativos pasaron de 1 a máis de 4 millóns de interaccións diarias, mentres que a plataforma E-dixgal rexistrou incrementos dun 100% sobre os habituais, e a nova plataforma de videoconferencia para a comunicación directa entre docentes e alumnos permitiu 52.000 reunións virtuais con 170.000 asistentes

Puxo de manifesto o esforzo de mellora tecnolóxica que o Goberno galego leva facendo no eido educativo, así como a posta en marcha de medidas específicas para a atención das familias máis vulnerables co reparto de 2.750 ordenadores e conexións a internet gratuítas

Respecto ao desenvolvemento do curso escolar, Pomar volveu reclamar ao Goberno do Estado que asuma as súas obrigas constitucionais e deseñe un marco normativo claro onde se especifiquen as condicións de promoción e titulación do alumnado e, evitar deste xeito, que se produzan desigualdades entre CCAA

Carmen Pomar pide aos reitores das tres universidades galegas homoxeneidade nos criterios, fórmulas e calendario de avaliación

Novas educación - Mar, 04/21/2020 - 15:08

A conselleira valorou positivamente o labor realizado nas ultimas semanas polas tres universidades e o seu profesorado para adaptarse á nova situación xerada polo Covid-19


O obxectivo é que o alumnado non se vexa prexudicado pola suspensión das clases ou por estudar nunha ou outra institución académica

Ademais comunicoulles que se acaba de pedir á CIUG máis flexibilidade nos modelos de proba de ABAU, co fin de acadar a maior opcionalidade posible
 

Feijóo destaca que a Xunta continuará coa tramitación do 100% dos contratos de servizo e de subministración que estaban en execución

Novas educación - Ven, 04/17/2020 - 16:25

Precisa que en total continuarán 1.100 contratos, por un importe de 413 millóns de euros

“Estamos falando de contratos de subministración de vehículos da Xunta; de material para servizos de emerxencia; de mobiliario, por exemplo, para os centros escolares; de material de extinción de incendios; mantemento de edificios, etc”, explica

No eido educativo, destaca o reforzo da educación en liña para as familias con menos recursos, coa distribución doutros 1.750 novos equipos e conexión gratuíta á rede
 

A Xunta esíxelle ao Ministerio de Universidades que aclare a súa política de bolsas para que ningún alumno se vexa prexudicado

Novas educación - Mér, 04/15/2020 - 19:39

A perda de recursos por mor da crise do Covid-19 implica unha remodelación dos requirimentos para acceder a estas axudas

Ademais Carmen Pomar recordoulle ao ministro que é necesario que se dean xa instrucións claras sobre os prezos públicos de matrícula, dado que as Comunidades Autónomas teñen que comezar a elaborar os seus propios decretos

Galicia lamenta a indefinición do Ministerio de Educación para establecer as condicións de promoción e titulación

Novas educación - Mér, 04/15/2020 - 16:01

Coincide co Ministerio na necesidade de flexibilizar os requisitos de avaliación, pero esixe un marco normativo que garanta a igualdade entre os territorios

O Goberno central presentou unha proposta de acordo que deixa en mans das Comunidades Autónomas e dos equipos docentes a promoción e titulación do alumnado

Educación comezará a aboar o martes as axudas de comedor escolar para o período no que estean suspendidas as clases presenciais

Novas educación - Sáb, 04/11/2020 - 09:12

Beneficiaranse un total de 30.159 alumnas e alumnos que teñen bolsa de comedor gratuíta ou semigratuíta que pagan 1 euro ao dia

As tres universidades galegas consensúan coa Consellería non retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020

Novas educación - Lun, 04/06/2020 - 14:21

A decisión tomouse tras confirmar o Goberno central que o Estado de Alarma se vai prorrogar ata o 26 de abril e que aínda podería alongarse máis

A Consellería enviaralles ás universidades unhas instrucións comúns para asegurar a calidade do ensino a distancia e a equidade entre o alumnado

A finais de abril haberá unha nova xuntanza para definir tanto o calendario como o modelo de avaliación, en función da evolución da alerta sanitaria

A conselleira reuniuse tamén coa CIUG, xuntanza na que se acordou fixar as datas da ABAU extraordinaria no 15, 16 e 17 de setembro
 

A Consellería de Educación apraza as probas de acceso a ciclos de FP de grao superior

Novas educación - Sáb, 04/04/2020 - 11:05

Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario

Distribuir contido


by Dr. Radut