Skip to Content

Infantil

MAGOSTO 2020- 11 NOVEMBRO 2020

 

 

 

 

 

A COVID-19 non conseguíu que polo San Martiño, 11 de marzo, o colexio Javier Sensat celebrase o Magosto.

Pasámolo moi ben! Tivemos quen nos asase castañas, e con todas as normas de seguridade que a pandemia nos obriga, as comemos por grupos-aula, cada clase nunha zona do patio.

Ademais, aproveitamos que facía bo día para colleren materiais naturais ( folllas, flores...), que había dentro da instalación do colexio e  fixeron unha mandala por cada aula. A ver se vos gustan...Foron moi creativos/as!

 

 

 

 

O blogue de infantil

Este é o blogue de infantil para o curso actual. 

Premede no link para acceder a él.

https://infantilsensat.blogspot.com/?m=1

ou no corazón 

Grazas. 

 

Día do libro 2020

Este é o traballo que propón a biblioteca para o día do libro.

Podedes velo na aula virtual e os de infantil en ClassDojo.

Día do libro 2020

ENTROIDO 2019 no CEIP PLURILINGÜE Javier Sensat

 

 

O Entroido desde ano foi abdicado ao cinema e todos os cursos escolleron unha película relevante para eles. Este foi o resumo da xornada. Esperemos que vos guste. 

https://youtu.be/6ibJTmYaA9A

 

24 de febreiro. Día de Rosalía 2019

Festexamos o día do nacemento de Rosalía De Castro con unha interpretación das súas obras recitadas, cantadas ou musicadas dentro das clases de todos os niveis dende infantil ata primaria.

A celebración do día de Rosalía no curso de 6 EP foi como sigue co poema “Non che digo nada, pero vaia...”

 https://vimeo.com/322491692

Esta foi a interpretación de 4 de EP “Negra sombra”. Preme no link.

https://vimeo.com/319327065

A seguinte foi a da clase de 5 de EP co poema musicado “Imos bebendo” 

 https://vimeo.com/319327065

 Logo fixéronse dous raps dos poemas de Rosalía: ”Aires, airiños aires” interpretado por 3 EP

 https://vimeo.com/321712928

E tamén a versión dos alumnos de 1 EP “Adiós ríos, adiós fontes”

 https://vimeo.com/321634995

Os alumnos de 2 EP fixeron a versión do poema “Maio Longo” de Rosalía e musicado por Uxía.

 https://vimeo.com/321634216

 Os alumnos de infantil de 3 anos bailaron e cantaron o poema “adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía e musicado por Astarot.

https://vimeo.com/321638655

Os alumnos de infantil de 4 e 5 anos fixeron un teatro de sombras do poema ”Negra Sombra” 

 https://vimeo.com/321807204

 

Día da Paz 2019 co LIP DUB “Una sola voz” de Macaco

 Este foi o resultado de varias semanas de preparación dun LIP DUB de todo o colexio para o día da paz 2019 coa canción de Macaco “UNA SOLA VOZ”.

Premede link para velo. Un saúdo e esperamos que os guste.

https://vimeo.com/316331821

Concurso fotográfico de Nadal

Este foi o resultado das votacións do equipo da biblioteca pensando en distintos niveis de participación no I CONCURSO FOTOGRÁFICO DE NADAL. 

Agradecemos a todos os participantes polo interese engadido e lamentamos non poder facer a entrega dos agasallos o último día antes de Nadal por problemas no horario. 

Primeiro ano do Plurilingüismo no Javier Sensat.

Queremos celebrar o primeiro ano da implantación do plurilingüismo no noso colexio con unha pequena mostra da nosa celebrración conxunta do Samaín e o Halloween de este ano. Por suposto que os outros anos tamén foron bos pero neste quizais incorporamos unha actuación en directo para celebrar esta festa celta.

 

Premede no link e...

 https://youtu.be/E6bHlofXGrE

esperamos que vos guse.

O día da paz coa canción "tu enemigo" de

Aquí tedes o resultado final da nosa celebración do día da paz no colexio. Fixemos o que podería ser unha LIP DUB da canción "Tu enemigo", de Pablo López fixemos ondear a bandeira da canción e fixemos unha solta do globo aerostático de Cantoia.

Premede na seguinte ligazón e esperamos que o disfrutedes.

https://youtu.be/DB7FMigl9xo

 

A HISTORIA DO PERGAMIÑO VINDEL

Ola a todos e todas. Temos o gusto en presentarvos o fruto do esforzo colectivo do alumnado e profesorado que participou na creación de dous videos para o concurso VINDEVIDEOS.

O primeiro video que podedes ver no link é a historia do pergamiño contada con debuxos dos propios nenos e nenas de tódos os niveis educativos do centro e as voces foron postas polos alumnos e alumnas de terceiro

https://vimeo.com/250878550

O segundo video foi un rap orixinal composto polo noso mestre de AUDICIÓN E LINGUAXE Gonzalo que fixo os arreglos musicais e compuxo a letra falando da historia do Vindel. Paticiparon nenos e nenas de 5 e 6 como actores e algúns outros nenos para linguaxe de signos dos cursos de 4 5 e 6. Este é o link no que o podedes atopar.

https://www.youtube.com/watch?v=maeZA8RrV6A

Distribuir contido


by Dr. Radut