Skip to Content

CHARLA "QUE DEBEN SABER AS FAMILIAS SOBRE DROGAS E OUTRAS ADICIÓNS" (31 maio, no salón de actos)

O MARTES, 31 DE MAIO de 17:30 a 19:00 h., ofrecerémosvos a familias e profesorado, unha charla sobre "QUE DEBEN SABER AS FAMILIAS SOBRE DROGAS E OUTRAS ADICIÓNS"

Organiza: PLDA (Plan local de Drogas e outras Adicións) do Concello de Vigo.

Imparte: Lucía Simón, Psicóloga. Asociación Érguete de Prevención e Intervención en Condutas Adictivas.

Lugar: salón de actos do CEIP PLURILINGÜE JAVIER SENSAT

Destinatarios: familias e educadores.

 

Cada familia é diferente e a forma de relacionarse e interactuar cos seus/súas fillos/as tamén, non caben receitas nin xeneralizacións.

Faise necesario adaptarse ás circunstancias e características específicas de cada un dos nosos fillos e da nosa familia, os seus costumes e valores, o seu modelo educativo e as súas expectativas e obxectivos, o que obriga a responder a preguntas como as que se tratarán:

  • Son as drogas un novo reto para as familias?
  • Como apartamos aos nosos fillos/as das drogas?
  • Que fago se un dos meus fillos/as chega borracho a casa ou se descubro que fuma porros?
  • Que pode motivar ao meu/miña fillo/a a consumir drogas?
  • Que sei sobre drogas e que debería saber?
  • Que consecuencias pode ter o consumo?
  • Que adición preocúpame máis: drogas, tecnoloxía, pornografía, videoxogos?
  • Que ferramentas de prevención podo utilizar?

ANIMÁDEVOS A VIR!



page | by Dr. Radut