Skip to Content

CHARLA SOBRE DROGAS DO CONCELLO DE VIGO

Un ano máis participamos no PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS  E ADICIÓNS (PDLA) dirixido ao alumnado de 6º EP, que oferta o Concello de Vigo. En realidade, son 4 charlas: 

1ª sesión: Habilidades sociais

2ª sesión:Drogas. Conceptos básicos.

3ª sesión: Tabaco e alcohol.

4ª sesión: Redes sociais e videoxogos. 

Deixamos fotos  do que foi a segunda sesión, sobre as drogas.

Os/as nenos/as coñeceron as diferentes clasificacións das drogas (legais/ilegais, brandas/duras). Aprenderon sobre o desenvolvemento da tolerancia ás differentes substancias. Asimesmo, faláronlle sobre o seu impacto social  e a negativa repercusión do consumo, no noso cerebro.

Seguiremos informando das seguintes charlas, das cales sempre aprendemos un montón.

 



page | by Dr. Radut