Skip to Content

24 DE OUTUBRO.DÍA DAS BIBLIOTECAS,E A NOSA ABRE AS SÚAS PORTAS PARA FESTEXALO

Como xa sabedes case todos(o contamos polo blogue da nosa biblioteca o comezo do curso),o noso cole xa forma parte do PLAMBE (PLAN DE MEJORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES). Polo que BIBLISPÍN E TODO O CLAUSTRO está moi ilusionado e traballando sen parar.

E isto soamente acaba de comenzar!!!

O primeiro foi facer un gran expurgo e actualizar o noso fondo bibliográfico mercando cantidade de contos, libros de consulta e albúms ilustrados que tanto gustan os cativos.

Ademáis dos libros, e cada vez en maior medida, teñen cabida dentro da nosa biblioteca:xogos de mesa, material manipulativo relacionado coas ciencias(ciclos de vida de animais, minerais), coa tecnoloxía(Merge cube, tarxetas interáctivas,tablets), material de construcción como os lego, regletas, mesas de luz... 

En definitva,a biblioteca pasa a ser o centro neurálxico do noso colexio. Onde atopar todos os recursos necesarios para facilitar a adquisición das diferentes aprendizaxes adaptándonos a totalidade do noso alumnado

Buscamos cambiar o concepto da biblioteca tradicional, a un concepto máis amplo. Onde non deben estar en silencio lendo(que tamén haberá momentos),senón sentir eso murmullo constante do alumnado traballando en equipo, buscando información para un proxecto, debatindo e chegando a conclusións.

Para isto,a biblioteca divídise en dos espazos diferenciados, por un lado temos os libros de narrativa e lectura, e por outro, a zona de consulta.

 

A NOSA BIBLIOTECA O COMEZO DO CURSO

 

A NOSA BIBLIOTECA HOXE

 

  

 

Os carros facilitan o alumnado de Infantil o acceso os seus contos e a autonomía para voltar a colocalos no seu lugar.

Aquí tedes algunhas fotos da xornada de hoxe

 

 

 

 

 

 

 

 

PROPOSTAS PARA LER NOS PRIMEIROS DÍAS:

NUNS DÍAS MOSTRAREMOS OS TRABALLOS DO NOSO ALUMNADO DO CONCURSO "DISEÑA A TÚA BIBLIOTECA"

E LEMBRADE, OS SOÑOS PODEN CUMPLIRSE SE OS DESEXAMOS CON MOITA FORZA.

QUEN SABE SE NA PRÓXIMA NOVA BIBLIOTECA ATOPADES ALGUNHA DAS VOSAS PROPOSTAS FEITA REALIDADE

 



page | by Dr. Radut