Skip to Content

Equipo de dinamización da lingua galega, T.I.C., Complementarias.

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN

O pasado martes 29 de marzo, a Cruz Vermella veu a darnos un coloquio sobre a alimentación saudable onde aprendemos a importancia dos bos alimentos sobre o noso organismo, además de hábitos saudables como a actividades física. Foi moi interesante!

 

           

Excursión a Leitariegos 21-22

Entre os días 21 e 23 de febreiro 6º e 5º de E.P. estivemos gozando duns días na neve.

Desexando volver para seguir esquiando, compartindo e rindo.

Entroido a carón do mar 2022

A nosa festa do Entroido deste ano fíxose ao aire libre, con desfile e música malia a falta de familias para desfrutalo. 

Premede no ♥️ . 

VISITA GUIADA CON VÍDEOS TITORIAIS

3 Feb 2022 10:54
Europe/Paris

Benvidos ao percorrido da nosa escola despois do confinamento 2020-2021. Neste curso seguimos a ter as mesmas instrucións por mor da COVID, pero temos algunhas novidades que imos poñer en breve na páxina cun percorrido virtual.

Mestres tanto podedes ver o vídeo explicativo feito para ese ano escolar despois do confinamento e tamén o noso colexio a vista de paxaro que fixeramos para o día da paz hai uns anos.

Preme no corazón para ver o vídeo titorial das clases: 

Preme no ♣ para ver o colexio a vista de paxaro: 

AS NOSAS DEPORTISTAS DA CONTORNA DE VIGO

3 Feb 2022 10:12
Europe/Paris

Ola a todos/as! Aquí podedes ver un pequeno resumo sobre o proxecto deste ano no que homenaxeamos as nosas deportistas en Vigo e as agasallamos e lembramos cunha placa conmemorativa nas distintas zonas do patio da nosa escola.

Estas foron as dúas deportistas homenaxeadas no primeiro trimestre. E aínda nos quedan máis! Premede no corazón para ver o vídeo.

DÍA DA PAZ 2022

3 Feb 2022 10:06
Europe/Paris

Ola a todos e todas e benvidos á celebración do día da paz.

Premede no corazón para poder ver o vídeo que fixemos para esta data sinalada.

MAGOSTO 2021

Polo San Martiño... celebramos coma sempre o noso Magosto! Pasamos unha mañá de convivencia no patio tomando as ricas castañas que seguimos facendo con todo o agarimo para o noso alumnado. Todos os cursos participaron na actividade de mandalas, que hai que dicir que cada ano fanse máis fermosas... Non hai material mellor para facelas  que o que nos ofrece a Natureza!

 

 

 

 

 

 

 

 

INSCRICIÓN NO PROGRAMA DA XUNTA DIGICRAFT PARA PRIMARIA

Temos a posibilidade de facer a inscrición do programa da Xunta DIGICRAFT co patrocinio de Vodafone para introducir nos primeiros cursos de primaria a introdución á dixitalización do alumnado coas tablets Ipads da escola. 

O programa traballa contidos dixitais da súa propia páxina que anima aos alumnos e mestres a traballar dixitalmente dunha maneira lúdica. 

Estamos esperanzados de que nos collan. 

A DOBRAXE NO CINEMA E NOS ANUNCIOS

O curso de 4ºEP na aula de informática traballou a gravación de audio para empregala logo como dobraxe dunha escena de filme ou un anuncio. Logo o alumnado tratará de sincronizar o audio e o video para facer unha montaxe nova. Este é o resultado:

Premede nesta foto ou no link do PADLET na que se poden comentar e puntuar as dobraxes.

https://padlet.com/jliglesiasferron/4svzysnww2xt

RESUMO DO CURSO ESCOLAR SOBRE O CINEMA

AQUÍ PODEDES VER UNHA PRESENTACIÓN CON GENIALLY NA QUE SE PODERÁN VISUALIZAR A INFORMACIÓN E DISTINTOS VÍDEOS DO PROXECTO FEITO ENTRE INFANTIL E 5º DE PRIMARIA SOBRE A IDADE MEDIA. PREMEDE NA FOTO GIF PARA VELO. 

Distribuir contido


by Dr. Radut