O centro dispón de dous edificios. Un deles adícase a administración, ximnasio, comedor, salón de actos e oficina da ANPA. O outro contén as aulas de infantil e primaria, e aulas especiais de música, informática, etc.
Existen un terreo para actividades deportivas e recreativas, cunha variada vexetación de árbores e arbustos. Ademais nun dos extremos hai un horto que cada ano dispón de novas colleitas de produtos horticolas.
Contamos cun patio específico para Infantil composto de areeiro e circuito, e un patio cuberto con xoguetes adaptados, para os días de choiva; un campo de fútbol, dúas pistas de tenis e un amplio espazo destinado o xogo e esparcemento.
Por último, na parte alta existe un edificio de vivendas.
PREME NA IMAXE PARA VER O NOSO COLE