CURSO 2023-2024

 

ACTIVIDADE SPRINGWEEK.

  O alumnado de 6º de Primaria do noso centro, está disfrutando esta semana da actividade Springweek en Mondariz Balneario. Unha gran experiencia onde afianzan os seus coñecementos na lingua inglesa e se relacionan con outros centros da nosa Comunidade.

Disfrutade moito!!

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025.

  No DOG do 7 de maio de 2024 publicouse a Orde pola que se convocan as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de Primaria para o vindeiro curso (Publicado o 20 de maio)

Os anexos I e II para realizar as solicitudes estarán a vosa disposición no centro ou no enlace: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211121791.

O enlace para realizar a presentación a través da sede electrónica é:  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/.

     Prazo de presentación das solicitudes: do  21 de maio 2024 (LUNS) ata 21 de xuño 2024 (VENRES)(ambos incluídos).

 

1º e 2º E.P.:participación nas axudas para adquirir libros de texto e axuda para a adquisición de material escolar.

3º e 4º E.P.:participación no fondo solidario de libros de texto e  axuda para a adquisición de material escolar.

5º e 6º E.P.:só  pode solicitar axuda para a adquisición de material escolar.

 

Membros computables da unidade familiar, a 31 de decembro de 2022

  1.a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

   b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

  c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

   d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

   e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

   f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

   2. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior

    Non terá a consideración de membro computable: 

  a)A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

  b)O agresor nos casos de violencia de xénero.

A renda per cápita da unidade familiar: É o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2022 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza,(sumar as casillas 435+460 da declaración renta 2021 e dividimos polo número de membros computables da familia ).  Renta per cápita máxima para recibir axuda: igual ou inferior a 10.000 euros.

As persoas que non residiran en España no ano 2022 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable da unidade familiar.

  Quen non fixese declaración da renda no ano 2022 porque non estivese obrigado, deberá presentar o certificado tributario de imputacións no exercicio, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar do exercicio 2022. (solicítase na axencia tributaria).

  DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR, ENLACE: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

  • ANEXO I cuberto
  • Documentación Complementaria
  • ANEXO II

 

IMPORTANTE: Todo o alumando que curse 3º e 4º no curso 2023-2024, que participara no programa de Fondo solidario, deberá devolver os libros en bo estado, ao rematar o presente curso na data que será indicada polo centro.

 

 ENLACES:


Páxina de FONDO LIBROS: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

MANUAL

ANEXO I e II

ORDE 7 DE MAIO 

PREMIADOS DÍA DO LIBRO.

  Unha das actividades para Conmemorar o día do libro foi que o noso alumnado tiña que reflectir a portada do libro que máis lle gustara. Despois dunha votación do resto do alumnado e baixo o anonimato, estes foron os gañadores.

PARABÉNS!!!

SPRING WEEK 2023-2024.

  A Spring Week é un programa de inmersión lingüística en inglés en réxime de internado no Complexo Cemar (Mondariz).

  O noso alumnado de 6º de Primaria participará nel do 19 ao 25 de maio.

  A actividade é gratuíta excepto o transporte ao complexo, que correrá por conta das familias. Irán acompañados pola mestra de lingua extranxeira inglesa.

 Para máis información pulsa no botón inferior

 

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR.

   O alumnado de 1º e 2º de Primaria realizaron unha visita moi interesante ao Castelo de Soutomaior.

WHAT´S   A TOTEM POLE?

   Este curso o alumnado do noso centro traballa o Totem en consideración a nosa auxiliar de conversa. Aquí unha pequena representación dalgúns deles, como remate dun gran traballo.

 

ACCESO AO CENTRO XOVES 18 E VENRES 19.

  Transmitímosvos o comunicado da Policía Local, que afecta ao acceso ao noso Centro debido á realización da Feira Multisectorial.

 

UNHA EXPERIENCIA NÁUTICA.

  O alumnado do terceiro ciclo, puido experimentar cómo se senten os piragüistas na Ría de Pontevedra, grazas ao programa XOGADE. Unha magnífica experiencia!!!

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 2024.

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

MEDINDO O NOSO PATIO.

  O alumnado de 2º de Primaria realiza a actividade de medir o noso patio, despois de realizalo en metros, queren comprobar cantos rapaces e rapazas precisan, polo que tiveron un pouco de axuda no seu reto.

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN.

    Dende o Concello preséntannos a Luci, unha cadela moi sociable e amistosa, que se atopa na Canceira de Poio e busca un fogar ao igual que outros cans. 

   Coa súa visita queren concienciar da importancia de recoller os excrementos das mascotas,e ter unha rúas ben limpas. Polo que o alumnado recibe unha bolsa para a súa recollida.

 

RESOLUCIÓN DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

Todas as familias que solicitaron a admisión no noso centro, CEIP. PLURILINGÜE ISIDORA RIESTRA, TEÑEN PRAZA.

 

INSTRUCIÓNS PARA O REXISTRO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 ao 20 de marzo.

  FAMILIAS

 As familias poderán cumprimentar as solicitudes de Admisión de xeito manual ou a través da aplicación e seguindo o menú: 

   

Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude debe presentarse no centro educativo solicitado en PRIMEIRO LUGAR ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, no que se precisa a Chave 365 ou certificado dixital, sendo esta a canle de preferencia para a presentación.   

 

Ou de forma presencial no Centro ao que solicita praza. Solicitude ED550B

 

 Normativa:

•    DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

• ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

VACANTES VINDEIRO CURSO.

   Publicamos as vacantes para o vindeiro curso 2024-2025.

AGRADECEMENTO DA CARREIRA SOLIDARIA.

 

        Desde a FUNDACIÓN "Uno entre cien mil" dentro da "Vuelta al Cole" agradecen a toas as familias a súa aportación, a beneficio da leucemia infantil.

 

     Moitas Grazas pola vosa SOLIDARIEDADE!!!

 

 

VISITA AO CONCELLO DE POIO.

     O alumnado de 3º e 4º de Primaria acode ao Concello de Poio, onde é recibido polo alcalde. Onde coñecen de primeira man o seu funcionamento e xestión.

COÑECE AS INSTITUCIÓNS.

   O alumnado de 5º e 6º de Primaria asiste ao Parlamento de Galicia.

BANCO DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS.

Tras a celebración da conmemoración do día escolar da Non violencia e da Paz. Este ano, queda como reto a xestión de posibles conflitos no Centro, e como lugar de encontro para a resolución está o BANCO DA ANIZADE.

CARREIRA SOLIDARIA.

      Mañá celebramos o día escolar da Non violencia e da Paz. Este ano, colaboramos cunha Fundación contra a leucemia infantil. Polo que os fondos recaudados na carreira solidaria, serán destinados a esta fin. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO.

 RESERVA DE PRAZA ALUMNADO DE 6º DE E. PRIMARIA

Estimadas familias:

O noso centro está adscrito ao I.E.S. de POIO.

      Cumprindo as instrucións da orde que regula o proceso de admisión dos alumnos,Orde do 26 de maio de 2023, achegámoslle o impreso oficial de solicitude de reserva de praza para o Instituto que se debe na Secretaría do noso centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

Prazo para presentar a solicitude: Do 15 de xaneiro ao  día 5 de febreiro

      Lembrar que a Orde do 25 de xaneiro do ano 2017 que modifica o proceso de admisión do alumnado indica que tamén pode ser cuberta a través da aplicación <<admisionalumnado>>

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

 

Para aquelas familias nas que o seu fillo/a teñan a idea de estudar noutro institutoo prazo de solicitude de praza todavía non está fixado. Seguramente será entre o 1 e o 20 de marzo, e terán que recoller os impresos de solicitude no instituto elixido.

AVISO:  A matrícula deberá formalizarse no instituto, no prazo estipulado.

O formulario normalizado (ED550A) achégase no documento adxunto.

 

 Normativa relacionada

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Atentamente

 

A dirección

 ENLACES 

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO 2024.

 

 

Vémonos o día 8 de xaneiro.

CALENDARIO 2024.

   Como cada ano o alumnado elabora unha folla do calendario. Esperamos que vos guste.

 FINAL DO TORNEO DE DATCHBALL.

    Como vén sendo habitual, celebramos os torneos de Datchball, este ano os finalistas foi un dos grupos de 6º de Primaria, que tiveron a súa confrontación cos mestres.

OBRADOIRO DE XABÓNS.

 

    O alumnado de Infantil experimenta coas cores e aromas dos xabóns de Nadal.

BENVIDA Á NOVA AUXILIAR DE CONVERSA.

 

    Neste curso temos unha nova auxiliar de conversa, queremos darlle a Benvida ao noso Centro.

 

 VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA.

 

   O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizan unha visita ao museo de Pontevedra.

 

INICIAMOS O NOVO CURSO.

  

         Os días non lectivos son o 13 de outubro de 2023 e 20 de maio de 2024. 

     

COMEZO DO CURSO 2023-2024.

 O curso escolar comezará o día 11 de setembro.

ORDE DO CALENDARIO. ENLACE

AdxuntoTamaño
ManualDeUsuarioDasFamilias_RESERVA.pdf1.15 MB