Curso 2022/2023

HOMENAXES AOS PEREGRÍNS.

  Como cada curso, o noso alumnado participa no Programa dos Peregríns desexándolles un bo camiño.

ULTREIA!!!

 

LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 2023-2024.

Ver o apartado de secretaría (esquerda) 

 

 FESTA DE FIN DE CURSO.

   Para rematar este curso, imos celebrar unha festa de indios e vaqueiros.

   Para acceder ao vídeo pincha sobre este ENLACE.

GRADUCACIÓNS 2023.

  Despedímonos do alumnado de 6º de Primaria, e desexámoslle o mellor no Instituto. E alentamos aos de 6º de Infantil para que collan con ahinco a nova etapa de Primaria. MOITA SORTE!!!

ENLACE AO VÍDEO,pincha sobre el.

EXCURSIÓN DE FIN DE INFANTIL.

     O alumnado deINFANTIL quixo despedir o curso académico cunha visita á granxa Serantellos e a zona turística de Cambados.

Podedes ver como disfrutaron no VÍDEO.

VISITA AO PARQUE DE MARCELLE.

O alumnado de quinto tivo a oportunidade de visitar Marcelle, un parque zoolóxico localizado no municipio lucense de Outeiro de Rei. Toda unha experiencia de educación ambiental na que se poden observar animais procedentes de centros de recuperación e centros de rescate.

 

 SAÍDA ARQUEOLÓXICA DE CAMPO LAMEIRO.

A invención da escritura determinou o inicio da Idade Antiga, ao redor do 3.000 a. C. Previamente os seres humanos xa realizabamos representacións gráficas gravadas nas rochas e pedras. A través dos petróglifos rexistraban unha gran parte das súas vivencias, pensamentos ou crenzas. Os nosos alumnos e alumnas gozaron dunha experiencia prehistórica!

 ACCESO AO VÍDEO

NORABOA MARTÍN

Alegrámonos moito por ti, e desexamos que poidas seguir conseguindo estes grandes logros e continúes loitando polos teus soños. 

PARABÉNS!!! 

 

INVADIMOS TAMBO.

Todo o  alumnado do Centro, realiza unha viaxe en barco para visitar a illa de Tambo, onde os máis cativos atoparon o tesouro dos piratas da Ría.

ACCESO AO VÍDEO.

THANKS DRAMELL!!

Moitas grazas polo teu bo facer e compromiso co alumnado e a aprendizaxe da lingua inglesa.

 

CORRELINGUA 2023

Babuña, barruzo, borralla, breca, poalla, zarzallo, cebrina, chaparrada, chuvascada… son algunhas das preto de cen palabras que os galegos e galegas temos para referirnos á choiva.

Co lema "Na casa, na escola, bota a lingua fóra" esta semana participamos nunha proposta lúdico–educativa para fomentar o uso do galego. O alumnado camiñou e gozou a través dun percorrido polas rúas de Pontevedra.

 

CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.

     Un ano máis celebramos este día, desta vez dedicado a Francisco Fernández del Riego.

 

ACCESO AO VÍDEO

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023- 2024.

 

  Publicouse no Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2023 a orde pola que se convocan as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria para o curso 2023/2024.

ENLACE: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

  Os anexos I e II para realizar as solicitudes están á vosa disposición no noso centro OU pinchando no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual/mod/resource/view.php?id=5309.

  Enlace para presentar a solicitude a través da sede electrónica, é:

 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023&numpub=1&lang=es

 

O prazo de presentación das solicitudes: do 20 de maio ata 21 de xuño 2023(incluído).

1º e 2º E.P.:participación nas axudas para adquirir libros de texto e axuda para a adquisición de material escolar

3º e 4º E.P.:participación no fondo solidario de libros de texto e  axuda para a adquisición de material escolar

5º e 6º E.P.:só  pode solicitar axuda para a adquisición de material escolar

   Podedes consultar Renda per capita e os Membros computables da unidade familiar, ao 31 dec. 2021.

  Documentación a achegar:

Anexo I e II debidamente cubertos e asinados

Se o solicitante posúe DNI ou NIE:

▪ Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

▪ En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

◦ Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

◦ Certificado ou volante de convivencia.

◦ Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 Outra documentación segundo o caso:

  •  Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

  • Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

  •  Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

IMPORTANTE: Todo o alumnado que curse 3º e 4º Primaria no curso 2022-2023, que participara no programa de Fondo solidario, deberá devolver os libros en bo estado, ao rematar o presente curso.  

 

VÍDEO DO FINAL DO CAMPIONATO.

 

   Emocionante as finais de baloncesto e balonmán. Parabéns aos gañadores.


O MAIO NO ISIDORA RIESTRA.

 "Ben veñas maio, o millor mes de todo o ano".

CAMPIONATO 2023.

 

SEGUINTE FASE DO CAMPIONATO

     Despois dos diferentes enfrontamentos realizados na fase de grupos tanto en baloncesto coma en balonmán, chegou a quenda dos cruces. Amosámosvos un breve resumo dalgún dos partidos xogados. Xa vai quedando menos para coñecer que equipos se clasifican para a gran final!!

 

 

XA ESTÁ CHEGANDO.... O MAIO AO ISIDORA.

 O noso alumnado xa está practicando as coplas para o MAIO.

#falabonito #isidora

CAMBIOS NO PATIO.

 O noso Patio estase transformando, unha nova estructura forma parte da zona de Infantil, agora queda indagar en que se vai converter.

#falabonito  #Isidora

LIMPEZA DA PRAIA CABECEIRA.

  O noso alumnado participou coa Asociación Amicos na recollida do lixo na praia Cabeceira, preto do centro.

VISITA DA ESCRITORA IRENE ALONSO

   Recibimos no noso centro á escritora Irene Alonso Gasalla. A través da súa obra “As cicatrices do caranguexo”, amosa unha visión sincera e positiva para afrontar o cancro. Pequenos e maiores gozamos dunha aventura de piratas.

 

BASKETBALL & HANDBALL . 

  Deixámovos un resumo das primeiras xornadas. Seguiremos disfrutando deste torneo.

 

BASKETBALL AND HANDBALL TOURNAMENT. 

 Iniciamos un novo torneo. Estamos ansiosos por saber os resultados desta edición.

 

 

MICROORGANISMOS.

 Nesta nova xornada o alumnado de infantil encargouse de nutrir ás plantas do centro co difusor e a mestura rexeneradora.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO.

   Comunicamos que xa están expostas no centro as listaxes da admisión do alumnado provisional, para o vindeiro curso 2023-2024. Todas as peticións foron admitidas, non se rexeitou ningunha, xa que o número de solicitudes non supera ás vacantes e polo tanto non se barema.

   LEMBRADE que o período de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

ENTREVISTA AO NOSO AUXILIAR DE CONVERSA.

     Durante este trimestre noso alumnadorealizou unha serie de actividades moi interesante, aquí vos deixamos unha pequena mostra.

                                                        

COMPROMETIDOS COA COMPOSTAXE

   O noso alumnado está comprometido co coidado do Planeta e dentro das actividades que desenvolvemos atópase a compostaxe. 

  

 

UNHA VISITA ESPECIAL!

Vai uns días recibimos unha visita especial, enmarcada no proxecto “Mulleres en Poio 2023”. A protagonista é Peregrina, unha muller que se define a si mesma como unha persoa sen rancor. Malia a súa idade, continúa traballando e axudando ás persoas que pode.

O alumnado e o profesorado tivemos a sorte de gozar dun coloquio sobre a súa vida.

 

 

SAINT PATRICK´S DAY.

Conmemoramos este día con complementos de cor verde e laranxa. Tamén realizamos algunhas actividades especiais.

 

VISITA DA ESCRITORA ANA ALONSO.

 

Agora tocoulles ao alumnado de 4º de Primaria coñecer de preto a esta autora e a súa colección "PIZCA DE SAL". Unha obra amena con personaxes divertidos que fomentan a imaxinación dos nosos lectores.
 

 

 

 

 

VOLVEMOS A CONTAR CO COMEDOR PARA O CURSO 2023-2024

   Para o vindeiro curso podemos contar co servizo de comedor, grazas as xestións da ANPA. 

 

MULLERES AFOUTAS.

    Como cada curso conmemoramos o día Internacional das Mulleres, polo que cada curso fixo a súa elección e traballou unha muller reprentativa polo seu labor.

 

 

        VÍDEO:

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual/pluginfile.php/8097/mod_folder/content/0/MULLERES%20AFOUTAS.mp4?forcedownload=1

   

    AUDIO: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual/pluginfile.php/8414/mod_folder/content/0/WhatsApp%20Audio%202023-03-03%20at%2017.29.25.mpeg?forcedownload=1

       

PRESENTACIÓN DO EQUIPO CICLISTA EN COMBARRO.

   Os maiores asistiron á presentación do equipo de ciclismo, incluso conseguiron premios no concurso. Noraboa!!

 

VISITA DO ESCRITOR ANTONIO MANUEL FRAGA.

Hoxe tocoulles ao alumnado de 5º de Primaria coñecer de preto ao a este autor e a súa obra "PAPÁ CANÍBAL". Obra divertida, macabra cun final...
 

 

VISITA DA AUTORA ANDREA MACEIRAS.

 O alumnado de 6º de Primaria recibiu con ilusión a esta escritora e puido coñecer de preto a súa obra "A FOLLA AZUL"

 

 

 

 

 

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual/pluginfile.php/8097/mod_folder/content/0/ANDREA_MACEIRAS.mp4?forcedownload=1

 

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE ADMISIÓN (Desde 1 ao 20 de marzo)

- As solicitudes pódense  presentar por vía electrónica, a través da sede electrónica na páxina web da Consellería de Educación dentro do apartado admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

-                     Presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar 

Ou en calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Os impresos de solicitude ED550B e Anexo II bis serán facilitados na secretaría do centro.

 Cada solicitante presentará na secretaría do centro que pide en 1º lugar unha única solicitude. Presentar solicitudes en máis dun centro determinará a perda do dereito a particiapar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde do 21 de outubro de 2022

•    A solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles, neste caso, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 •    PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA será en xuño. 

SOLICITUDE EN ADXUNTOS (abaixo da entrada, antes do CURSO 21-22)

 

AGRADECEMENTO DA CASA GAIATO.

      Desde Mozambique recibimos un vídeo de agradecemento pola aportación económica que recibiron.

  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/aulavirtual/pluginf...

 

 

RESERVA DE PRAZA NO IES de POIO.

     Todo o alumnado do noso centro, que solicitou praza no IES de Poio,  foi admitido.

 

VISITA O NOSO COLE.

 

VACANTES PARA O CURSO 2023 - 2024. 

 

CURSOS

ALUMNOS/AS

2023

OFERTA 2024

4º INFANTIL

0

25

5º INFANTIL

11

14

6º INFANTIL

20

5

PRIMEIRO

22

3

SEGUNDO

13

12

TERCEIRO

15

10

CUARTO A

13

12

CUARTO B

13

12

QUINTO A

15

10

QUINTO B

15

10

SEXTO

20

5

 

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO PARA O CUROS 2023-2024

O alumnado de 6º de Primaria deberá realizar a RESERVA DE PRAZA para poder cursar a ESO no centro de adscrición ( IES de Poio), deberá presentar no centro CEIPP Isidora Riestra ou a través da aplicación “admisionalumnado” o formulario normalizado ED550A(Anexo I e Anexo I-bis) entre os días 16 de xaneiro e 6 de febreiro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva, opcións:

* Informaticamente e presentala de xeito manual no centro, desde a páxina web do centro (máis abaixo pódese descargar o formulario) ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) no menú: Solicitudes - Reserva – Crear

*Cubrila informaticamente e asinala en Sede Electrónica (para o que se precisa de Chave 365 ou certificado dixital) a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) no menú: Solicitudes - Reserva – Crear.

*De xeito manual e presentala asinada presencialmente no centro de orixe: CEIP de Cervo (solicitando o Anexo I e o Anexo I-bis en secretaría).

IMPORTANTE:

-Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIPP Isidora Riestra) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

-O alumnado que ten reservada praza no centro adscrito, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicar por escrito a renuncia á reserva antes do 28 de febreiro de 2023.

-O alumnado que NON continúe os estudos no centro adscrito, non poderán reservar praza, e directamente presentarán a Solicitude de Admisión.

- Deberán presentar toda a documentación, incluido fotocopia libro de familia.

 ANEXOS

EU TAMÉN SON GAIATO

Esta semana colaboramos co Concello de Poio co fin de recaudar fondos, para o orfanato de Gaiato.

 

 

 FUNDACIÓN MOZAMBIQUE SUR

 

Eleccións ao Consello Escolar.

Relación de Candidatos/as.

Sorteo da Xunta Electoral.

Convocatoria das eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais.

Ecoloxía Circular.         

 Plan dixital.

Libros de texto 2022/2023.

AdxuntoTamaño
ED550B-GISIDORA.pdf1.38 MB