Blog Plan Proxecta

NÓS TAMÉN CREAMOS! MARUXA.

 

Neste curso as alumnas/os de 3º e 4º participamos no certame de curtas Nós tamen creamos!! que fomenta a promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. Elaboramos a curtametraxe de animación coa técnica stop motion a partir do álbum ilustrados de Maruxa, de Eva Mejuto.  

Aquí presentamos o noso traballo:

https://www.youtube.com/watch?v=HA-gkbjf6PI

 

 

E así o fixemos...

https://www.youtube.com/watch?v=2xwUDUhW7vw

 

 

CANCIÓNS PARA A METEOROLOXÍA

Un dos principais recursos que empregamos en Infantil para introducir as estación son as cancións. Ao longo de este curso moitas foron as que cntamos, deixamos nestos links algunhas das preferidas do alumnado. Outras as empregamos para falar dos fenómenos propios do tempo.

Me ha dicho el hombre del tiempo (fenómeno meteorolóxico)

https://www.youtube.com/watch?v=kbniavIBEEI

Nubes - Alegria! (Fala das nubes como elemento meteorolóxico)

https://www.youtube.com/watch?v=4dMoJWPME9g

El invierno esta llegando:

https://www.youtube.com/watch?v=OWhR9a6_eUI

La primavera ya llegó:

https://www.youtube.com/watch?v=ta980wQglKA

O outono xa se acerca:

https://www.youtube.com/watch?v=iiLZoFji2z4

 

CREACIÓNS PLÁSTICAS CO TEMPO

En Infantil, o tempo sempre esta moi presente, xa sexa cos animais propios das estacións, coas prendas de vestir ou mesmo observando a natureza. O longo do curso realizamos distintas producións plásticas polos nenos de 3 e 5 anos, tales como:

 

 

 

CICLO DA AUGA NUNHA BOLSA

Traballamos o ciclo do auga de varias formas:

En Infantil empregamos o libro que conta a historia de Pin e Gas, que nos envio a Deputación no día do árbore.

Mentres o alumnado de Primaria realizou o seguinte experimento que podedes ver neste link:

https://www.youtube.com/watch?v=Qyvd4b1QV7E

Empregamos distintas bolsas, así como distintas cores para ver mellor os resultados.

CARTEIS PAARA AS ESTACIÓNS

O alumnado de tercero elaborou coa chegada das estacións, carteis conmomerativos de cada unha. En grupo realizaban conxuntamente estás producións plásticas nos que eles/as plasmasn o que lles trasmite cada unha.

Aquí podemos ver o que entederon eles coa chegada da primavera!

O REXISTRO DO TEMPO

Unha das clases de sexto foi a encargada de recoller os datos da nosa caseta meteorolóxica. Fixérono de forma rutinaria cada día a mesma hora e por parellas, recollían datos da temperatura e máis da choiva. Por outra banda, tamén fixeron estudo do estado do ceo que anotaban tódolos días nas follas de rexistro. O alumnado contaba cunha carpeta onde aparecían as orientacións necesarias para a recollida de datos, que podemos ver aquí, así tamén podemos observar aquí un exemplo de recollida de datos diaria e semanal. 

 

 

Tamén noutros cursos de primaria e infantil levaron a cabo distintos modos de rexistro como:

 

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS

O alumnado de tres anos realizou unha serie de experimentos tratando temas metereolóxicos:

ARCO DA VELLA DE LACASITOS. Compoñendo serie con lacasitos e engadindo auga observamos o efecto que se produce semellante o do Arco da Vella. 

BÚSQUEDA DO ARCO DA VELLA. Empregando un balde con auga, un espello e unha cartolina ópaca onde se reflexa.

CHUVIA. Como caen as pingas de auga a través da espuma de afeitar e o colorante azul.

 

 

EXPOSICIÓN DE CLIMAS

As investigacións dos nenos de quinto sobre o clima e a vexetación, quedan expostas así nas aulas:

 

XOGUETES METEREOLÓXICOS?

Dende logo, os nenos de catro anos despois de realizar o proxecto do Arco da Vella, estiveron encantados de xogar con este xoguete e os seus múltiples usos.

O máis difícil foi volver a darlle a forma de Arco da Vella!

 

 

 

CLIMAS POLO MUNDO

O alumnado de cuarto investigou ao longo do curso distintos climas, estes foron os seus elixidos!

 

 

 

 

 

 Os climas dos sitios onde lles gustaría vivir!

Despois do investigado, recolleron todo no libro adxuntado aquí: