CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO NON LECTIVO
O pasado sábado 12 de novembro, o alumnado que quiso tivo a oportunidade de volver a participar na proba zonal de campo a través do Baixo Miño, no mesmo circuito da ribeira de Caldelas de Tui.
A nosa escola participou cun total de 12 nen@s. Os cales tiveron unha participación e actitude moi boa. Destacar o 3º premio en equipo para a categoría Alevín Femenina (Tamara, Sheila, Lara e Shakira) e a nosa campioa Emna Vila que volveu a gañar a súa carreira na categoría benxamín feminina ante nenas federadas e un ano maior ca elas.
Parabéns a tod@s @s participantes.