Skip to Content

2015-2016

Emisión mes de marzo Radio García Barbón

Neste mes poderedes atopar a entrevista que lle fixeron as alumnas Laura e Paula de 5ºB ao mestre Jose Ramón, as seccións habituais de deportes, festas, visitas, francés, inglés e a participación dos alumnos e alumnas de 5ºA.

 

O colexio en Radio Marca

O mércores 6 de abril, o colexio foi invitado a participar no programa "Deporte escolar" en Radio Marca Vigo. O centro viuse representado polo mestre Pablo Sánchez e polos alumnos Nurah e Lola de 5ºB de Educación primaria.

 

Museo C.E.I.P. García Barbón

O pasado martes 5 de abril celebrouse no sala de usos múltiples do cole unha fermosa exposición das obras de arte feitas polas alumnas e alumnos de 4 anos de Educación Infantil. Noraboa a ese grandes artistas e as mestras e mestres que fixeron posible esta exposición!!!!!!! 

Día de Rosalía de Castro na Radio García Barbón

O día 24 de febreiro celebramos no colexío o día de Rosalía de castro coa grabación para o noso programa de radio dun poema coa participación de todas as alumnas e alumnos do colexio, dende os máis pequerrechos de educación infantil ata os máis maiores de educación primaria.

Radio García Barbón: a radio plurilingüe do C.E.I.P. García Barbón

Benvidos a unha nova edición da radio do cole, unha radio online, plurilingüe e feita polas alumnas e alumnos do noso cole. Cada mes emitiremos un novo capítulo con todas as novas do cole, con entrevistas e moitas cousas máis.

Lembrade que podedes escoitar a radio on line ou ben descargar o podcast no voso reproductor mp3 e escoitalo no coche, na casa,...

Por último, darlle as grazas á A.N.P.A. do cole pola súa colaboración e a todolos mestres e mestras do colexio e en especial as mestras de Inglés e Francés. 

Esperamos que vos guste.

 

 

 

Faro na escola

Faro de Vigo, sabedor da enorme importancia que ten a relación entre os escolares e a prensa, decidiu emprender unha serie de accións divulgativas nos centros escolares da cidade de Vigo. É un deses centros é o noso colexio.

Por iso o colexio vai participar na elaboración dun periódico escolar coa colaboración e asesoramento do Faro de Vigo.

Non tardaremos moito en darvos unha grata sorpresa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut