bibliotecas

 

 

BUSCA DO TESOURO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º e 6º seguiron as pistas ata a Biblioteca onde ademais de atopar a súas mochilas viaxeiras, puideron ver a curtametraxe The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore -Os increíbles libros voadores do Sr. Morris Lessmore de William Joyce e Brandon Oldenburg, gañadores do Oscar de animación en 2012.
A curtametraxe amosa a importancia da lectura realizando unha fermosísima homenaxe aos libros físicos. Inspirado polo furacán Katrina, Buster Keaton, o Mago de Oz e polo amor aos libros, trátase dunha historia sobre persoas que dedican as súas vidas aos libros e libros que lles devolven ese favor.

http://www.youtube.com/embed/Ad3CMri3hOs

Por certo, se che gustou o vídeo, na Biblioteca do cole temos o libro. Pregunta a Conxita por el se queres leelo.