Skip to Content



Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG nº 53, de 15 de marzo de 2013)


Para o vindeiro curso escolar 2018-2019, os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:

1.- Publicación de postos vacantes escolares: mércores, 28 de febreiro.
2.- Presentación da solicitude de admisión (anexo II): do xoves, 1 de marzo ata o martes, 20 de marzo.
3.- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
4.- Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: mércores, 25 de abril.
5.- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: martes, 15 de maio.
6.- Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria: do martes, 12 de xuño ata o venres, 29 de xuño.

Admisión alumnado. Premer nesta ligazón


Artigo 4.
 
Comedores escolares dos centros públicos (e Artigo 5 de Actividades lectivas teñen as mesmas datas):
 
Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 11 de setembro de 2017 ata o 21 de xuño de 2018 e, en educación secundaria obrigatoria, desde o día15 de setembro de 2017 ata o 21 de xuño de 2018.


Artigo 6.
 
Períodos de vacacións
 
1. Nadal: desde o  22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.
 
2. Entroido: días 12, 13 e 14 de febreiro de 2018.
 

3. Semana Santa: desde o  24 de marzo ata o 2 de abril de 2018, ambos inclusive.

 
Establécese o Día do Ensino ,día  non lectivo o  7 de decembro de 2017.
 
Como días non lectivos, o colexio elixiu o 13 de outubro de 2017 e o 30 de abril de 2018
Distribuir contido


by Dr. Radut