Skip to Content

 

   

Actividades para o luns 1 de xuño. 2º E.P.

Bo día a tod@s! Aquí vos deixo as tarefas para esta primeira semana de xuño.

11ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Bo día familias!!!

Hoxe comezamos o mes de xuño polo que xa nos atopamos na recta final deste curso tan especial. Estas últimas semanas propuxémosvos construír mandalas, nomes, palabras... no plano. Nenas e nenos a propostiña desta semana tamén vai de construír, pero esta vez en tres dimensións, é dicir coma as construccións que facedes nos recantos e na biblioteca:

                                                   

Podedes crear figuras estupendas con pezas de construcción que teñades pola casa, con caixiñas, botes, materiais de refugallo e calquera cousa que se vos ocorra. Unha vez feita a construcción, podedes debuxala, poñerlle un título, escribir a lista de pezas ou materiais que empregastedes e o número de cada un deles que precisastedes.

SORPENDÉDENOS COAS VOSAS CREACIÓNS!!!

Boa semana e apertas virtuais a todas e todos! SorrisoSorrisoSorriso

 

3º Primaria. Luns 01 de xuño.

Ola familias!!

Empezamos o mes de xuño, este é o traballo do luns:

  • Ciencias.
  • Mates, contas da semana, un problema e un pouco de cálculo mental.
  • Galego, iniciamos o tema 13.
  • Castelán, un conto de animais.

Traballo de Inglés para a semana do 1 ao 5 de Xuño

PREME AQUÍ para descargar o traballo desta semana!

Un saudiño!Guay

Traballo de Inglés para a semana do 1 ao 5 de Xuño

PREME AQUÍ, para descargar o traballo desta semana!

Un saúdoRisa!!

Traballo de Inglés para a semana do 1 ao 5 de Xuño

PREME AQUÍ para descargar o traballo desta semana!

Un saúdo!Sorriso

Traballo de Inglés para a semana do 1 ao 5 de Xuño

PREME AQUÍ para descargar o traballo desta semana.

Un saúdo!Guay

Traballo de Inglés para a semana do 1 ao 5 de Xuño

Preme AQUÍ para descargar o traballo para esta semana.

Un saúdo!Guay

tarefa naturais 5º 29 de maio

Bo e caloroso día familias!!, hoxe propoño unha tarefa para o finde, antes de facela vedes o vídeo que colguei sobre os problemas que poden ter os ecosistemas, ledes o apartado 6 e despois ledes a tarefa,REPITO LEDES A TAREFA E AS CUESTIÓNS ALO MENOS DÚAS VECES!!!!!!,despois buscades as coordenadas e contestades a tres preguntas, a 4ª trata de observar no día a día e fixarse en cousas que afectan ao noso medio.

A tarefa do apartado 6 é a seguinte

Busca nun mapa satélite da Internet as seguintes coordenadas: 

 

● Coordenadas a: 36º44'12''N 2º44'55.6''W 

● Coordenadas b: 40º42'16.3"N 73º49'54.9"W 

● Coordenadas c: 3º39'22.9"S 61º30'55.6"W 

● Coordenadas d: 66º8'47''S 65º32'4''W 

● Coordenadas e: 22º17'0.5''S 68º54'0''W.

Observa e analiza o que ves.

  • Trátase de ecosistemas naturais ou humanizados?
  • Como os describirías? Que diferenzas observas entre eles?
  • Que impresión che causa cada un deles?
  • Ao longo de un día observa o teu medio e anota polo menos dez situacións que cres que lles están causando un dano aos ecosistemas e que se poderían corrixir.

Coma sempre podes contestar ás cuestións directamente NA TAREFA ou colgar un arquivo de texto

ánimo!!!

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS 3º venres 29 de maio

Bo día a todos e todas, hoxe colgo unha ficha das capas da xeosfera, está asignada na aula virtual, antes tedes que ler as páxinas 28 e 29 (adxunto captura), e podedes botar unha ollada, facendo click nas mans, a dúas presentacións:

A primeira na que se explican as AS CAPAS DA TERRRA, e unha segunda na que imos ao pasado para ver coma era o continente primixenio chamado PANGEA, os dous na páxina 28.

 

VER VÍDEO SOBRE  PANGEA E A FORMACIÓN DOS CONTINENTESGuay

os máis ousados podedes facer con plastilina o experimento que se propón na páxina 29, enviade vídeo de cando o cortedes pola metade!!!

SAÚDOS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut