Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos os dous inclusive.

 

  • Opcionalmente poderánse presentar de forma presencial no centro indicado como primeira opción e en calquera dos rexistros establecidos, utilizando o formulario normalizado (ED550B) que será facilitado polo centro
  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Manual para as familias.

 

A normativa reguladora deste procedemento é a seguinte:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

No seguinte enlace poderán acceder a toda a información sobre o procedemento de admisión (presentación de solicitudes, vacantes por curso, calendario do procedemento...)

 HORARIO DE SECRETARÍA PARA ESTE PROCEDEMENTO

 

 

LUNS

MARTES

XOVES

VENRES

de 12:20 a 13:00

de 09:00 a 09:40

de 13:10 a 13:50

de 12:20 a 13:00

 

AdxuntoTamaño
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2024_25.pdf266.89 KB
ED550B-G.pdf1.38 MB
ED550B-C.pdf1.38 MB
ManualDeUsuarioDasFamilias-1.pdf1.15 MB


blog | by Dr. Radut