ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.

                                       INFORMACIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR.

O 3 de novembro foi constituida a Xunta Electoral (formada pola Directora, 1 representante de nais/pais, 1 representante do profesorado ) que se encargará do proceso electoral paraA renovación do Consello Escolar. 

Os acordos tomados incluén o calendario electoral coas seguintes datas:

  • Convocatoria de eleccións para o día 23 de novembro
  • Apertura de presentación de candidaturas para os distintos sectores entre o 9  de novembro e o 16 de novembro (ambos inclusive).
  • As candidaturas preséntanse na secretaría do centro.(Reclamacións ata o 19 de novembro)
  • Publicación do censo de electores. Publicado no taboleiro do centro dende o 3 de novembro(Reclamacións ata o 15).
  • Anuncio de sorteo público para a composición da mesa electoral de nais/pais/titores legais, que será efectuado o 17 de novembro ás 12.30 na Biblitoeca do Colexio.

 

PLAN CONTINXENCIA

Presentamos o Plan de continxencia do CEIP Doutor Suárez para o curso 2021-2022, no que se reflicten as actuacións e procesos que se levarían a cabo de xurdir algún abrocho ata o reinicio da actividade académica presencial ( Anexo X do Plan de adaptación á situación Covid).

Este documento foi revisado e novamente publicado coas útimas modificacións.

COMEZO CURSO 2021/2022!!!!!!.

Estimadas familias:

Para o comezo do curso 21/22 lembrar algúns aspectos.

-Xa está aberto o prazo para a solicitude de becas NEAE. Ata o 30 de setembro.

-Moi importante descargar a aplicación Abalar, xa que será a utilizada para a comunicación habitual coas familias.

-Na páxina web subiremos tamén avisos, novidades ou documentos actualizados (Plan Covid, Plan Continxencia.....).

-Para falar co profesorado, salvo que sea algo moi urxente, pedide previamente cita teléfonica.

- Os menús do comedor tamén se subirán á Páxina web( apartado Comedor).

-O Horario de Dirección estará colocado na porta de entrada do Centro, e tamén estará nesta páxina.

-Os libros de este curso están colocados no taboleiro de anuncios no centro e tamén nesta páxina.

-A listaxe de material entregarase próximamente nas reunións de titorías.

Un saúdo.

Distribuir contido