ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.

                                       INFORMACIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR.

O 3 de novembro foi constituida a Xunta Electoral (formada pola Directora, 1 representante de nais/pais, 1 representante do profesorado ) que se encargará do proceso electoral paraA renovación do Consello Escolar. 

Os acordos tomados incluén o calendario electoral coas seguintes datas:

  • Convocatoria de eleccións para o día 23 de novembro
  • Apertura de presentación de candidaturas para os distintos sectores entre o 9  de novembro e o 16 de novembro (ambos inclusive).
  • As candidaturas preséntanse na secretaría do centro.(Reclamacións ata o 19 de novembro)
  • Publicación do censo de electores. Publicado no taboleiro do centro dende o 3 de novembro(Reclamacións ata o 15).
  • Anuncio de sorteo público para a composición da mesa electoral de nais/pais/titores legais, que será efectuado o 17 de novembro ás 12.30 na Biblitoeca do Colexio.