Semente viva

Plan Proxecta "Semente Viva". Montes veciñais: paisaxe, cultura e sustentabilidade.

Este proxecto vai enfocado a sementar conciencia no alumnado sobre a súa implicación e responsabilidade, levando a cabo accións que axuden a preservar os terreos da contorna, reorganizando as especies arbóreas e traballando o sentido de identidade propia a través da herdanza do patrimonio natural dende un enfoque ecosocial. 

Traballaremos a protección e coidado do hábitat a través de actividades que impliquen de maneira directa a todo o alumnado, dende o traballo de investigación na procura de información (impacto medioambiental, detección de necesidades...), a creación dun viveiro forestal onde poder observar e aprender todo o proceso de crecemento e posterior replantación no monte, charlas e saídas.

Para levar a cabo este proxecto crearemos unha rede de colaboración moi interesante entre o centro e distintas entidades (axente forestal, comunidade de montes, concello e familias), posibilitando unha aprendizaxe recíproca e a posta en valor dun patrimonio propio, moitas veces esquecido, que se atopa na contorna do centro.

 

Distribuir contido