Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025

   Orde do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024/25: 

PRAZO DA SOLICITUDE :  21 DE MAIO A 21 DE XUÑO INCLUÍDOS.

- axuda para adquirir libros de texto para o alumnado que vaia cursar o vindeiro ano 1º e 2º de Educación Primaria

SOLICITUDES ADMISIÓN 24/25

Todo  o alumnado que solicitou praza no centro para o vindeiro curso 2024/2025 foi admitido.

Bolsas e axudas para alumnos con NEAE 2024-2025

 

BECAS NEAE.

A solicitude faise no enderezo web do ministerio de educación. https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109.

Están dirixidas a alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociadas a necesidades educativas especiais, así como alumnado con TEA, alumnado con TDAH e alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

Unha vez cuberta hai que imprimila e entregala no centro con toda a documentación.

O prazo é ata o día 13 setembro de 2024.

 

Fornelos de Montes, 7 de maio de 2024

Distribuir contido