Achegamos o enlace do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEC) para cubrir as bolsas 2021 – 2022 para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Premendo o enlace pódense comprobar os requisitos (límites de renda e patrimonio e necesidades que cubre), así como o tipo de bolsa e contía da mesma. As persoas que a desexen tramitar terán que informar ao centro, así como pedir cita previa para a entrega da documentación pertinente. Aconséllase non agardar á data final do prazo, xa que dende a escola é preciso achegar un informe individual de cada solicitante.
As novas tecnoloxías son moi boas ferramentas, pero como ferramentas hai que saber usalas con precaución porque temén teñen os seus perigos. Para ensinarnos a navegar sen perigo e estar alerta dos risgos de internet, acompañounos o noso amigo Manu de "Navega con Rumbo".
Hoxe montáronos no patio e explicáronos a exposición que se fixo cos debuxos dos poemas de Florencio Gurriarán. Entre eles unha selección dos que enviamos dende o CEIP O Bolo.
A semana pasada celebramos o día da biblioteca indo a ver unha obra de teatro á Rúa e facendo actividades de animación á lectura na biblioteca do centro.
Con motivo da celebración do día Universal da Infancia fixemos unha revisión dos dereitos fundamentais dos nenos e, exercendo o dereito a expresarse con liberdade, acudimos ao Concello a levarlle ao Alcalde as nosas propostas no seu correpondente buzón...