"SELFIES" ALUMNADO DO COMEDOR

E POR FIN VACACIÓNS !!!!!!!! DESEXÁMOSVOS UN BO VERÁN,CHEO DE FANTÁSTICAS AVENTURAS.

 

SELFIES ALUMNADO COMEDOR on PhotoPeach

RECOLLIDA DO HISTORIAL ACADÉMICO ALUMNADO 6º PRIMARIA

Estimadas familias:

Poderán recoller o Historial Académico do alumnado de 6º curso de Primaria en horario de Secretaría do centro o 26, 29 e 30 de xuño.

Orla alumnado 6º Primaria

Hoxe é un día especial para os nenos e nenas de 6º de Primaria porque despois de moito tempo no cole rematan a súa andadura con nós.

Con esta orla, a ANPA e os seus mestres, queren desexarlles moita sorte no seu futuro e que nos recorden co agarimo que nós o faremos.

E como colofón final, dicirvos que o Faro de Vigo a publicará o próximo martes nas súas páxinas!

Un saúdo do CEIP A Doblada.

Actividade Lingua de Signos

O luns 15 tivemos unha actividade moi enriquecedora na que nos visitaron unha intérprete e unha persoa xorda para ensinarnos un pouco da lingua de signos e facernos un pouco máis sensibles ante o uso desta lingua.

Podedes ver as fotos na galería e aquí os vídeos que lle puxeron ós nenos e nenas para que sigan aprendendo signos.

Pequenos sons, xa temos o disco nas nosas mans!

 

Os nosos pequenos grandes artistas xa teñen o seu disco nas mans!

Temos que agradecer o seu traballo e o seu trato o IES Audiovisual de Vigo, foi unha gran experiencia traballar con vós!

Visita teatro CEIP Valle Inclán

Moitas grazas ós nenos e nenas do cole Valle Inclán que nos visitaron hoxe coa súa obra de teatro, e noraboa porque nos encantou!

aquí tedes unha foto co profe Marcos e os seus nenos e nenas que exerceron de anfitrións e lles entregaron uns diplomiñas.

Hai máis fotos na galería de imaxes.

Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de EP, 1º e 3º de ESO ou EE, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso 2015/16.

Xa está publicada a Orde das axudas de libros de texto para o alumnado que no curso 2015/16 fagan 1º, 2º, 4º ou 6º de Primaria.

Tamén a Orde para o fondo solidario de libros para o alumnado que no curso 2015/16 faga 3º ou 5º de Primaria.

Podedes descargar as solicitudes destes enlaces ou recollelas na secretaría do centro (de 9.00 a 9.50 ou de 13.05 a 14.00 horas.)

Os prazos son os seguintes:

ALIMÉNTATE BEN

Os alumnos do noso cole saben da importancia que teñen na alimentación diaria as froitas e as verduras e fixeron esta especie de "spot publicitario" para que vos animedes a consumilas.Lembra que debes tomar polo menos 2 racións de verduras e hortalizas e 3 pezas de froita cada día! Aproveita os produtos de temporada que hai nos mercados agora que chega o bo tempo!

 

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2024-25

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión