AXUDAS PARA O ALUMNADO BECADO DE COMEDOR

A Xunta acaba de publicar unha Orde onde regula ás axudas ás famlias usuarias do Servizo de Comedor Escolar (gratuidade total ou pago de 1 euro). Consultar o texto no seguinte enlace:

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

AXUDAS COMEDOR XESTIÓN INDIRECTA:

Beneficiarios: Comensais gratuitos e os pagadores de 1 euro.

Prazo de presentación: do 31 de marzo ata o 6 de abril.

Solicitudes: Faránse a través do formulario disponible na Sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada.É necesario ter certificado electrónico ou chave 365.  se tedes algunha dúbida técnica podedes consultar a UAC no teléfono 881 99 77 01. As familias que non podan acceder ao formulario deben poñerse en contacto co centro para que este realice o trámite indicando os seguintes datos:

  • Nome do pai/nai/titor ou titora legal.
  • DNI do pai/nai/titor ou titora legal.
  • Tipo de pagamento: gratuidade total ou pago de 1 euro.
  • Nome do alumno/da alumna. Indicar todos os beneficiarios da mesma famlia.
  • Nº da conta bancaria.

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2023-24

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión