MEDIACIÓN

Á volta de vacacións de Semana Santa puxemos en marcha un programa de "Mediación entre iguais". Trátase de desenvolver no alumnado competencias sociais e cívicas. Os mediadores e mediadoras son alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria que recibiron formación nese sentido.

A mediación é voluntaria, tanto para os mediadores como para os alumnos e alumnas que acuden a resolver un conflito.

Os mediadores e mediadoras tratan de resolver as diferenzas a través do diálogo: "conta que pasou?", "como te sentiches?", "como te sentirías se foras el ou ela?"... e por último propóñense solucións e elíxese a que se considera máis axeitada.

A mediación non é aplicable para todos os problemas de convivencia, está indicada nos casos en que as dúas partes queren resolver o problema.

Dede febreiro funciona tamén unha "caixa de axuda", ao lado do Departamento de Orientación, que os alumnos e alumnas poden usar cando teñen un problema ou saben que alguén o está pasando mal.

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2023-24

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión