concurso carteis "Gústame o galego"

Este é o cartel gañador! 

o cartel co que participamos quedou de 3º, así que estamos moi orgullosos! Parabéns ó seu autor, Carlos Heras de 4ºB.

Pero esto aínda non rematou! estade moi atentas e atentos mañá que volvemos á carga coas votacións do vídeo "En galego meu o mundo é".  

Letras galegas 2014 Xosé María Díaz Castro

Mañá celébrase o día das Letras galegas adicado a Xosé María Díaz Castro. Premede na imaxe para coñecer máis sobre el e a súa obra.

concurso "Gústame o galego"

Recordaredes a campaña que fixemos o ano pasado de "Á Doblada gústalle o galego", podedes ver as fotos na galería.

Este ano participamos con ela no concurso "Gústame o galego" do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Estes tres cartaces pasaron á fase final.

Programa Froita Fresca

Do luns 12 de maio ó venres 6 de xuño repartiremos froita fresca para a merenda dado que o centro está a participar no programa "Plan de consumo de froita nas escolas" da Xunta de Galicia.

23 de abril DÍA DO LIBRO: ENCONTRO CON ANXO FARIÑA

Este ano celebramos o día do libro coa visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña, moi orgullosos de telo aquí porque é antigo alumno da Doblada!

Grazas por todo Anxo!

Se queredes ver máis sobre esta visita botade unha ollada ó blog da biblioteca premendo na imaxe.

Visita ó Castro - Educación Vial - 6 de maio 2014

Onte os nenos de 6º foron de visita ó Castro para facer unha actividade de Educación Vial coa Policía Local.

Podedes ver máis fotos na galería de imaxes.

Meu o mundo é

con este vídeo empezamos as celebracións temos previstas para o día das Letras Galegas.Eleximos este vídeo para participar en varios concursos, a ver si hai sorte, porque ilusión sóbranos!

Moitas grazas ás profes Iria (Música), Cruz, Lucía e Marita (de Infantil) polo seu traballo, e ó alumnado de 5º Infantil que son os protagonistas absolutos do vídeo.

 

Os alumnos da actividade extraescolar de pandeireta no IES Audiovisual

As nenas e nenos da actividade de pandeireta xa son unhas estrelas da música. Hoxe en La Voz de Galicia.

Moitas grazas a Álvaro, o profe de pandeireta, e a Iria, a profe de música, pola súa implicación e dedicación.

Tamén grazas ás familias que asistiron á gravación para axudarlles a calmar os nervios!

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2024-25

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión