Animación á lectura

Día de Rosalía - Poema

Canta si queres,

na lengua que eu falo;

dareiche un mantelo,

dareiche un refaixo. 

Co son da gaitiña,

co son da pandeira,

che pido que cantes,

rapaza morena.

Día de Rosalía

Un 24 de febreiro naceu a escritora galega Rosalía de Castro (Santiago 1837- Padrón 1885).

Bibliopatio

Hoxe o equipo de Biblioteca, coa inestimable colaboración dun grupo de alumnos e alumnas, puxo en marcha o proxecto BIBLIOPATIO.

Este proxecto pretende achegar o pracer da lectura ó recreo e crear novos recunchos de lectura.

Foi todo un éxito, esperamos seguir así!

O día do libro visto polas nenas e nenos.

Esta é unha pequena mostra de como as nenas e nenos do cole conmemoraron o día do libro, debuxando a portada do seu libro favorito.

Visita Paco Nogueiras

Hoxe visitounos Paco Nogueiras, tivo unha sesión moi divertida de contos e música con 1ºA e B e por suposto tivo o detalle de saudar ós protagonistas do vídeo que o curso pasado gañou os concursos coa súa canción "En galego meu o mundo é".

Disfrutamos moitísimo de poder BRINCAR xuntos. Ata a próxima!

Esta foto publicouna el mesmo no seu Facebook, en canto poidamos, subiremos as que sacamos no cole! 

23 de abril DÍA DO LIBRO: ENCONTRO CON ANXO FARIÑA

Este ano celebramos o día do libro coa visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña, moi orgullosos de telo aquí porque é antigo alumno da Doblada!

Grazas por todo Anxo!

Se queredes ver máis sobre esta visita botade unha ollada ó blog da biblioteca premendo na imaxe.

Visita ó colexio da escritora Fina Casalderrey

O 18 de Abril, contamos coa visita da escritora Fina Casalderrey, despois de que o alumnado de 2º B e 6º B, lera un dos seus libros, que lles foi recomendado polo equipo de Biblioteca no Nadal.

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2023-24

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión