Animación á lectura

CONTACONTOS CON PEGADA

O mércores 18 de outubro o alumnado de educación infantil participou nunha sesión de contacontos a cargo de Bea Campos da Campaña Impórtanos, organizada polo Concello.

 

biblioteca - a literatura e o cine

Este curso escolar, todo o cole traballaremos o proxecto da literatura e o cine. O primeiro trimestre está dedicado á banda deseñada.

Pinchade na imaxe para ver unha mostra de Tintín.

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2017

O pasado venres día 21 de abril, no colexio A Doblada, festexamos o día do libro. Houbo padriños e madriñas lectores que lle leron un conto a outros nenos e nenas no patio do colexio.

A actividade resultou moi enriquecedora porque tanto os que lían como os que escoitaban estaban entusiasmados con este acto.

Visita dos contacontos: Sabela e Iago

Os días 3 e 8 de febreiro estivo con nós Sabela e Iago nunhas sesións de contacontos para o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria.

 

Mirade na galería de fotos que ben o pasaron.

inauguración da biblioteca (21 outubro 2016)

o venres 21 de outubro inauguramos a biblioteca do cole coa intención de darlle un novo impulso á mesma. Xa é un espazo co que os nenos e as nenas están familiarizados, pero queremos que sexa máis que iso!

Na galería de imaxes podedes ver algunhas das fotos do día.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O venres 21 de outubro inauguramos a biblioteca do cole! seguro que haberá algunha sorpresa!

ENCONTRO CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O 12 de maio visitou ao alumnado de 1º curso Jacobo Fernández Serrano, o autor de "MARCOPOLA".

Foi toda unha aventura mergullarse na súa lectura e xa estamos desexando ler a 4ª entrega... "Avoa Power"...

Día do libro

Este ano celebramos o día do libro máis doce. Doces son as poesías que as nosas nenas e nenos regalaron ó mural e doces son as piruletas que obtiveron.

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2023-24

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión