Skip to Content

Novas curso 2021-2022

INICIÁMONOS NAS EXPERIENCIAS

Comezamos o curso cunha nova proposta dentro do apartado de obradoiros. As experiencias son algo máis que un obradoiro de manualidades, son un cúmulo de experiencias diversas e verdadeiramente variadas que iremos gardando na caixiña dos recordos. Experiencias sensoriais a través das cales non deixamos ningún dos sentidos por traballar. Observamos, tocamos, escoitamos e manipulamos todo tipo de materiais e elementos que están ao noso alcance. A nosa proposta está aberta a todo tipo de posibilidades que, pouco a pouco, imos limando e fornecendo. Estas son as pequenos e grandes cousas que construimos en conxunto. Unha introdución en toda regla ás pezas soltas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut